ESTUDIO ABERTO afronta este 2016 unha nova edición de residencias artísticas no Pazo San Marcos en Lugo e no Museo Pazo de Tor en Monforte de Lemos, que serán os escenarios para creación contemporánea a partir da experiencia. U proxecto concibido como un espazo para o diálogo directo entre os artistas e artesáns co público, partindo dunha inspiración directa nas coleccións e no patrimonio dos museos da rede. Segundo o establecido nas bases das convocatorias ESTUDIO ABERTO5, vén de reunirse o xurado encargado da avaliación das propostas recibidas para participar neste edición, acordando o seguinte: ACTA XURADO ESTUDIO ABERTO5 (ver anexo en PDF) Hoxe 13 de xullo de 2016, reunidos no Museo Pazo de Tor, os membros do xurado da convocatoria #EstudioAberto5 que ao final se mencionan e, despois das deliberacións oportunas, acordan por maioría seleccionar aos seguintes artistas para participar da residencia: #ESTUDIOABERTO5 - PAZO SAN MARCOS: 1.-VICTOR ROYÁS 2.-DAVID FIDALGO 3.-LUCIANA RAGO 4...