Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2013

OBRADOIRO ESPECIAL PARA FAMILIAS NA rEDE MUSEISTICA CONTAMOS COA TUA OLLADA

Hoxe tivemos un obradoiro especial para familias. Ata o pazo chegaron varios nenos que  traballaron cos seus familiares na sua visión plastica do Pazo.  Temos moito novo artista no  Val de Lemos :)  — en  Pazo De Tor .

OBRADOIRO DE CREATIVIDADE PARA SOCIOS DO CLUBE PEQUEAMIGOS DA REDE MUSEÍSTICA OVOS INTERCULTURAIS DE PASCUA.NO MUSEO DO MAR DE SAN CIBRAO

O DELEGADO DE CULTURA INAUGURA A EXPOSICIÓN ‘SINAIS NA PEDRA. DOS PETRÓGLIFOS ÁS LABRAS’ A mostra, cuxas pezas foron cedidas polas asociacións Trebas Galaicas e Festa da Prehistoria de Mos, poderase ver até o 20 de abril no Museo de Lugo Mario Outeiro destacou que “é importante coñecer de onde vimos para sabermos quen somos” Como complemento á exposición, o Museo Provincial organiza  unha serie de obradoiros dirixidos a rapaces e rapazas de entre 6 e 14 anos Lugo, 20 de marzo de 2013 .  O delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, Mario Outeiro, inaugurou, esta tarde, a exposición ‘Sinais na Pedra. Dos Petroglifos ás Labras’, que se poderá visitar no Museo Provincial dende hoxe até  o vindeiro 20 de abril e na que se fai un percorrido polos sinais e pegadas que deixaron na pedra os nosos devanceiros desde os tempos recuados. pasando polas Idades de Bronce de Ferro. até a conquista romana. Na inauguración tamén estiveron presentes o secretario da asociación Trebas

Enrédate na Rede de Museos esta Semana Santa

http://www.didacticaredemuseistica.org/wp-content/uploads/2013/03/Obradoiros-semana-santa.pdf

HISTORIA DE MULLERES NA REDE MUSEÍSTICA

Charla 22 de marzo, 20h00 – Museo Provincial de Lugo  A mesa estará formada por:  - Paula Cabaleiro, artista, galerista e xestora cultural.  - Paulova, Artista plástica.  - Gema López, Artista plástica.  - Laura Piñeiro, Artista plástica.  - Marcos PTT Carballido, Artes escénicas.  - Diana Sieira, Artes escénicas e produción cultural. Os participantes exporán as súas historias ao redor a distintas obras do  Museo. Charlaremos sobre Creatividade e Muller: Roles da muller nas  Artes, existe unha arte feminina?  Coordinan: Encarna Lago e Pilar Sánchez

EXPOSICIÓN: Sinais na pedra. Dos petróglifos ás labras

EXPOSICIÓN: Sinais na pedra. Dos petróglifos ás labras Mañá inauguramos exposición no MPLugo (Rede Museística)  Inauguración:  Mércores, 20 de marzo de 2013, ás 20:00 horas  /Sala Multiusos do MPLugo Organizan: Asociación  Trebas Galaicas  e A. C.  Festa da Prehistoria de Mos . Patrocina. Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo e Rede Museística Provincial. Nesta exposición faise un percorrido polos sinais ou pegadas, os petróglifos, que deixaron na pedra os noso devanceiros, desde os tempos máis recuados, pasando polas Idades do Bronce e do Ferro ata a conquista romana.

CONGRESO INTERNACIONAL"LOS MUSEOS EN LA EDUCACIÓN" Felicidades Ana , Rufino y a todo el equipo del area de Educacion del Museo Thyssen

http://www.c2edumtb.org/ http://www.c2edumtb.org/profile/EncarnaLagoGonzalez?v=541996756#xg_appearance_editor Felicidades Ana , Rufino y todo el equipo del Area de Educación del Thyssen una vez lo habeis bordado!!! Nos comunican que : Estimados, El próximo 18 de marzo la plataforma del  II Congreso Internacional “Los Museos en la Educación”  llega a su fin antes de convertirse en foro permanente de investigación, intercambio de conocimientos y difusión de la educación en el ámbito de los Museos y Centros de Arte. Un nuevo proyecto que pronto podrá consultarse en  www.educathyssen.org . Recapitulando Entre los meses de octubre y diciembre de 2012 el Área de Educación del Museo puso en marcha la segunda edición del Congreso Internacional  “Los Museos en la Educación”  bajo el subtítulo  "De la acción a la reflexión" . El encuentro contó con la participación de destacados representantes de instituciones internacionales y, por otro lado, incorporó como novedad una

Conclusiones en el II Congreso Internacional "Los Museos en la Educación. De la acción a la reflexión" organizado en noviembre de 2012 por el Museo Thyssen-B...

http://www.c2edumtb.org/video/conclusiones-ii-congreso-internacional-los-museos-en-la-educaci-n Conclusiones en el II Congreso Internacional "Los Museos en la Educación. De la acción a la reflexión" organizado en noviembre de 2012 por el Museo Thyssen-B...

Seis novas obras de Tino Grandío ingresan no Museo de Lugo

O delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro, xunto a dúas sobriñas do pintor Tino Grandío, Blanca Grandío Rodríguez e Ana María Codesal Grandío, participaron esta mañá no acto de recepción de 6 pezas do pintor lucense Tino Grandío por parte da súa familia. Trátase de 4 óleos de gran formato e dous debuxos, que pasarán a formar parte da colección sobre o pintor lucense Tino Grandío (1924-1977) no Museo de Lugo, que tamén se poden ver a través da web do Museo de Lugo.    

REDE COWORKING

REDE COWORKING Encontro de artistas para debater sobre os tecidos asociativos A crise contextual que estamos a padecer está a cuestionar as estruturas e afianzamentos de todo o noso sistema socioeconómico, facendo tambalear os formatos anacrónicos e piramidais que se viñan sostendo nas últimas décadas. Este desequilibrio e depresión non se extrapola ó terreo da arte. É máis, podemos dicir, que os artistas son un dos sectores que máis está producindo, esgarrando esas teimas de incertidume que están a paralizar tantas outras actividades. Para elo, están xurdindo fórmulas de cooperación e colaboración que fan posible aunar esforzos e focalizalos cara unha única dirección. Sumar. Esa é a clave. En rede, o noso alcance é expansivo. E dende a xestión cultural, non somos alleos a este tipo de tecido asociativo que se está xerando, como unha segunda dermes baixo a primeira, que viña supoñendo a institucional. Recuperando o espírito da histórica Comuna parisina de 1871, propoñemos un prox

¿Cómo preparar su Día internacional de los museos 2013-ICOM

http://network.icom.museum/fileadmin/user_upload/minisites/imd/images/120820_IMD2013_musees_kit_ESP_FINAL.pdf ¿Qué es el Día Internacional de los Museos?  Tradicionalmente, el Día Internacional de los Museos se celebra alrededor del 18 de mayo. La  celebración puede durar un día, un fin de semana o una semana. El objetivo es reunirse en el  museo alrededor del lema “El museo, medio importante para los intercambios culturales, el  enriquecimiento de culturas, el avance del entendimiento mutuo, la cooperación y la paz entre  los pueblos”.  Desde 1977, el ICOM organiza todos los años el Día Internacional de los Museos (DIM), una  ocasión única para la comunidad museística internacional. Ese día, los museos que participan en  el DIM presentan una problemática que concierne las instituciones culturales. El Día  Internacional de los Museos representa igualmente una gran ocasión para los profesionales de  los museos de conocer a su público y subrayar la importancia del

Arte y un Café UNA INICIATIVA SOBRESALIENTE QUE OS RECOMIENDO SEGUIR ... UNA BOCANADA DE AIRE FRESCO

http://arteyuncafe.veo-arte.com/ Arte y un Café es una iniciativa de Veo Arte en todas pArtes y el grupo de investigación SU+MA, que combina lo online y lo offline a fin de crear un foro abierto de debate sobre arte y los diferentes agentes que hablan sobre arte en Internet.

CREAMOS(NÓS) PROYECTO EXPOSITIVO CON VARIAS LUCENSES en el Auditorio Municipal de Cangas, Pontevedra COMISARIADA POR PAULA CABALEIRO

http://creamosnos.blogspot.com.es/

RECARGAR PILAS .... FORMAR PARTE DE UNA COMUNIDAD DE UNA RED DE MUSEOS

GRACIAS!!

MUSEO PROVINCIAL DO MAR

o Museo Provincial do Mar de San Cibrao (Cervo) e dentro do ciclo  A Arqueoloxía e o Mar: navegando na nosa historia , ten lugar unha conferencia  mensual neste mes o conferenciante éd Edgar Camarós, investigador do Institut Catalá de Paleoecología Humana, quen falará sobre “ OCÉANOS DE HUMANIDADE. O PAPEL DO MAR NA EVOLUCIÓN HUMANA .”

REDEMUSEISTICA:EXPOSICIÓN ITINERANTE: Arquivo Walter Ebeling

EXPOSICIÓN ITINERANTE: Arquivo Walter Ebeling Desde o día 9 de marzo e ata o 28 de abril de 2013 , con horario de visitas limitado aos domingos de 10:30 a 13:30 h., unha parte das fotografías do  Arquivo Walter Ebeling  vanse expoñer na Casa Escola de Zolle, concello de Guntín (Lugo). Esta mostra, promovida pola área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo e pola Rede Museística Provincial, en colaboración coas CMVMC (Comunidades de Montes Veciñais en Man Común) pretende achegar a todos os curiosos e interesados na memoria do noso patrimonio etnográfico uns valiosísimos documentos gráficos, únicos, nos que se reflicte a vida dos nosos inmediatos devanceiros entre os anos 1928 e 1933.

A arte de ser muller nun mundo por compartir 4.0

http: A arte de ser muller nun mundo por compartir 4.0 Con motivo de celebrarmos o 8 de marzo o  Día Internacional da Muller , os museos da  Rede Museística , xestionados pola  área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo , programan para todo este mes unha serie de actividades nos catro museos da Rede que teñen por obxectivo chamar a atención sobre a situación da muller na nosa sociedade e no mundo. Lembramos que para este 2013 o lema escollido pola ONU incide na persistente violencia que se exerce contra as mulleres, e lémbranos que  Unha promesa é unha promesa: momento de pasar á acción para acabar coa violencia contra as mulleres .  PROGRAMA  Itinerarios en feminino: Visitas guiadas Desde o día 8 (Día Internacional da Muller) e ata o 31 de marzo,  ás 17:00 horas , os catro museos ofertan aos seus visitantes visitas guiadas gratuítas, con entrega de documentación. Performances → Museo Provincial de Lugo :  Sábado, 9 de marzo, ás 12:00 horas - VOLTAGE::::::::opposites… . Live v

O Apóstolo (2012), o primeiro filme de animación europeo stop-motion en 3D, guionizado e dirixido por Fernando Cortizo, producido por Artefacto Producciones hoxe sábado no Museo de San Paio de Narla

O Apóstolo  (2012), o primeiro filme de animación europeo  stop-motion  en 3D, guionizado e dirixido por Fernando Cortizo, producido por  Artefacto Producciones , visita  mañá, sábado,  o  Museo  Fortaleza San Paio de Narla (Friol) PROXECCIÓN:  sábado ,  9  de marzo, ás 19:00 horas. Unha  oportunidade de visionar totalmente gratis este excelente filme. Esta película estivo nominada aos Premios Goya 2013 con opción a Mellor Película de Animación. Sinopse Un preso que acaba de fugarse do cárcere intentará recuperar un botín agochado anos atrás nunha solitaria e apartada aldea do Camiño de Santiago; pero o que alí vai atopar suporalle unha condena aínda maior da que fuxiu. Sinistros anciáns, estrañas desaparicións, espíritos, un peculiar sacerdote e ata o mismísimo arcipreste de Santiago cruzaranse no seu camiño nunha historia de suspense, humor e fantasía. Director: Fernando Cortizo Productores: Artefacto producciones Guionistas: Fernando Cortizo Actores: Paul Naschy, Jorge Sanz

8 de marzo Día Internacional da Muller na Redemuseística A arte de ser muller nun mundo por compartir 4.0.

 8 de marzo Día Internacional da Muller na Redemuseística  A arte de ser muller nun mundo por compartir 4.0. Durante o mes de marzo e con motivo do Día Internacional da Muller, a Rede Museística está a desenvolver un amplo programa de actividades artísticas multidisciplinares. Toda a programación comparte un desexo común: superar a violencia e a discriminación , en cumprimento do sinalado na Lei Orgánica 3/2007 do 22 de marzo para a igualdade efectiva de mulleres e homes. No artigo 26.2 establécese que os distintos organismos, entes e demáis estruturas das administracións públicas que de xeito directo ou indirecto configuren a rede pública de xestión cultural, debemos desenvolver iniciativas destinadas a favorecer a promoción específica  das mulleres na cultura e combater a súa discriminación estrutural e, ao mesmo tempo, xerar políticas activas de axuda á creación e produción artística de autoría feminina. Nos catro museos da Rede Museística, baixo o título “A arte de ser mul