Ir al contenido principal

O DELEGADO DE CULTURA INAUGURA A EXPOSICIÓN ‘SINAIS NA PEDRA. DOS PETRÓGLIFOS ÁS LABRAS’
A mostra, cuxas pezas foron cedidas polas asociacións Trebas Galaicas e Festa da Prehistoria de Mos, poderase ver até o 20 de abril no Museo de Lugo
Mario Outeiro destacou que “é importante coñecer de onde vimos para sabermos quen somos”
Como complemento á exposición, o Museo Provincial organiza  unha serie de obradoiros dirixidos a rapaces e rapazas de entre 6 e 14 anos
Lugo, 20 de marzo de 2013O delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, Mario Outeiro, inaugurou, esta tarde, a exposición ‘Sinais na Pedra. Dos Petroglifos ás Labras’, que se poderá visitar no Museo Provincial dende hoxe até  o vindeiro 20 de abril e na que se fai un percorrido polos sinais e pegadas que deixaron na pedra os nosos devanceiros desde os tempos recuados. pasando polas Idades de Bronce de Ferro. até a conquista romana. Na inauguración tamén estiveron presentes o secretario da asociación Trebas Galaicas, José Prieto, e o presidente da A.C. Festa da Prehistoria de Mos, Marcos Escudero, quen ceden as pezas para esta exposición.
A mostra está composta por 12 reproducións en cor e a tamaño real de petróglifos, unha colección de utensilios cos que se traballaba a pedra no Paleolítico e no Neolítico, unha serie de reproducións de esvásticas, trisqueis e espirais, representativas das decoracións en pedra desde a Idade do Bronce á chegada dos romanos, así coma reproducións de cabezas pétreas dun “guerreiro galaico”.
Mario Outeiro sinalou o valor de todas estas pezas e agradeceu a súa cesión por parte da Asociación Trebas Galaicas e a Asociación Cultural Festa da Prehistoria de Mos, ao mesmo tempo que afirmou que “é importante coñecer o noso pasado, de onde vimos, para sabermos quen somos, xa que a nosa historia forma parte da nosa identidade”.
Con motivo desta exposición, a Rede Museística organiza unha serie de obradoiros complementarios orientados aos nenos e nenas máis pequenos. O teu calco dun petróglifo, Como facían os petróglifos e Como moían a fariña, son algunhas das actividades previstas e nas que  os nenos e nenas aprenderán a facer reproducións das pezas que verán na exposición e até poderán moer trigo para obter fariña grazas a dous muíños de pedra, un de tipo “barquiforme” ou de “vaivén”, correspondente ao Neolítico, e outro xiratorio, das idades do Bronce e do Ferro.




-- 
Mª Encarnación Lago González
Xerente  da Rede Museística Provincial de Lugo
pza. da Soedade s/n 27001 Lugo
tnos:  982-242112 /  699836883

Comentarios

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h  ...

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación...