O DELEGADO DE CULTURA XOSE FERREIRO E AS COORDINADORAS DO PROXECTO ENCARNA LAGO E PAULA CABALEIRO PRESENTARON HOXE ESTUDIO ABERTO 5
21-03-2016 http://www.v1deputacionlugo.gal/novas.php?id=1921&idioma=gl&sec=73 As residencias artísticas terán lugar durante o mes de agosto e contarán con 14 prazas, aumentando as ofertadas o ano anterior Xosé Ferreiro presentou hoxe a 5ª edición de Estudo Aberto Xosé Ferreiro “por este proxecto pasaron creadores e creadoras que acadaron importantes premios e bolsas, que expuxeron xa nos museos máis importantes do Estado español, sendo recoñecidos pola crítica e polo mercado da arte” Esta mañá presentouse a 5ª edición de Estudo Aberto, o programa de residencias artísticas que impulsa a Área de Cultura da Deputación de Lugo e que se desenvolverá durante o mes de agosto na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos, no Pazo de Tor e, por vez primeira, no Centro de Artesanía e Deseño (CENTRAD), concretamente na Capela de Santa María. Tal e como espuxo o Delegado de Cultura, Xosé Ferreiro, "Estudo Aberto é unha aposta polos creadores e creadoras emerxentes que este ano a...