PREVISIÓN INFORMATIVA Rolda de prensa: Mércores, día 9 de setembro ás 12 horas O director do Proxecto Home Galicia , Ramón Gómez , ofrecerá unha rolda de prensa mañá, mércores, 9 de setembro, ás 12 horas na sede de Afundación (Praza Maior 16, Lugo) para presentar a exposición Arte e Solidariedade , que se inaugura no mesmo espazo, o xoves 10 de setembro ás 20 horas. Na rolda de prensa estarán tamén presentes Encarna Lago , comisaria da exposición e un representante de Afundación. Información da exposición Arte e Solidariedade A exposición, organizada con motivo do 25 aniversario do Proxecto Home Galicia e comisariada por Encarna Lago, chega a Lugo dentro da programación itinerante prevista nas 7 cidades máis grandes de Galicia. Pintura, escultura, fotografía e vídeo compoñen esta mostra que pon de relevo o valioso compromiso social e a solidariedade de máis de 200 artistas que colaboran nela, doando total o parcialmente as súas obras. Amais do fondo de obras común en...