Ir al contenido principal

Rolda de prensa: Mércores, día 9 de setembro ás 12 horas ARTE E SOLIDARIEDADE PROXECTO HOME EN LUGO

PREVISIÓN INFORMATIVA
Rolda de prensa: Mércores, día 9 de setembro ás 12 horas
O director do Proxecto Home Galicia, Ramón Gómez, ofrecerá unha rolda de prensa mañá, mércores, 9 de setembro, ás 12 horas na sede de Afundación (Praza Maior 16, Lugo) para presentar a exposición Arte e Solidariedade, que se inaugura no mesmo espazo, o xoves 10 de setembro ás 20 horas. Na rolda de prensa estarán tamén presentes Encarna Lago, comisaria da exposición e un representante de Afundación.

Información da exposición Arte e Solidariedade
A exposición, organizada con motivo do 25 aniversario do Proxecto Home Galicia e comisariada por Encarna Lago, chega a Lugo dentro da programación itinerante prevista nas 7 cidades máis grandes de Galicia. Pintura, escultura, fotografía e vídeo compoñen esta mostra que pon de relevo o valioso compromiso social e a solidariedade de máis de 200 artistas que colaboran nela, doando total o parcialmente as súas obras.
Amais do fondo de obras común en todas as localidades, en cada cidade hai unha maior presenza dos creadores locais. En concreto, na exposición de Vigo hai obras doadas por 39 artistas da cidade, que se porán á venda para recadar fondos para a institución. A mostra pode visitarse en Lugo do 10 de setembro ao 3 de outubro, na sede de Afundación.

Balance dos XXV anos do Proxecto Home Galicia
O Proxecto Home Galicia naceu en 1990 co obxecto de desenvolver programas terapéuticos para a rehabilitación e reinserción social de persoas con adicións. A institución chega en 2015 ao seu XXV aniversario cun balance de 35.965 persoas usuarias dos programas terapéuticos ao longo deste período. Delas, 19.327 iniciaron algún tratamento e 8.000 conseguiron a súa rehabilitación e inserción sociolaboral. O número de persoas beneficiarias directas crece ata as 61.140, considerando neste grupo a aquelas achegadas aos usuarios, especialmente os seus familiares que tamén participan nas terapias. Todo esto, cunha estrutura de 276 profesionais e 1.376 persoas voluntarias que nestes anos quixeron formar parte desta tarefa tan altamente humanitaria.
Saúdos do Gabinete de Comunicación


MÁIS INFORMACIÓN
Ramón Gómez Crespo
Encarna Lago
Teléfono: 629 359 092
699 836 883



Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h  ...

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación...