Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como EXPOSICIONS

SALA DE EXPOSICIONS DA DEPUTACIÓN LUGO DURANTE TODO O MES DE MARZO : A ARTE DE SER MULLER NUN MUNDO POR COMPARTIR 4.0:

Entre Marbella e Torremolinos

A mostra coincide co peche definitivo do Hospital Psiquiátrico San Rafael de Castro Riberias de Lea, en Castro de Rei (Lugo) inaugurado en 1953 e construído seguindo o modelo do labirinto panóptico (a cadea perfecta), sendo o único edificio deseñado e construído en Galicia coa finalidade de atender a doentes con enfermidades psiquiátricas. “Marbella” fai alusión ao pavillón-solaina das mulleres e “Torremolinos” ao pavillón-solaina dos homes. Xunto coa mostra fotográfica proxéctase un documental de 30 minutos de duración, vídeo que se vai poder visualizar tamén en todos os museos dependentes da área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, sempre ás 17:00 horas e ata a clausura da exposición. Así mesmo, no tempo de apertura ao público desta exposición vaise desenvolver un amplo programa de actividades complementarias (véxase documento adxunto en PDF) con conferencias, mesas redondas, obradoiros e visitas guiadas cos que se pretende concienciar ás persoas interesadas sobre a historia ...

ASOREY NO NOSO MUSEO PROVINCIAL DE LUGO

Logo das exposicións dedicadas a Francisco Asorey no Pazo de Torrado, en Cambados, e na Fundación Torrente Ballester, en Santiago de Compostela, co gallo dos 50 anos do seu pasamento, e acompañando o regreso ao MPLugo da “Ofrenda e San Ramón” e de “San Francisco”, gozamos do privilexio de comunicar aos lucenses, e aos que nos visiten nestas datas, que teñen unha oportunidade única de contemplar por uns días dúas obras máis emblemáticas do grandísimo escultor galego: “Nai de dor” e “O Tesouro”. Poucas ocasións coma esta para gozar de tan extraordinarias pezas pertencentes a coleccionistas privados

Antón Bao destacou que se trata “dunha mostra ambiciosa que permite coñecer toda a obra da figura máis importante da historia deste País

Esta mostra recolle obras de todas as vertentes artísticas que Castelao cultivou até a súa morte hai 60 anos, tanto pinturas como debuxos e caricaturas, e permanecerá aberta ao público no Museo de Lugo até o 10 de xullo. Antón Bao, na súa intervención no momento da presentación, destacou que se trata “dunha mostra ambiciosa que permite coñecer toda a obra da figura máis importante da historia deste país, a maior personalidade galega do século XX”. Desde a Área de Cultura da Deputación traballouse sempre co convencemento da necesidade dunha exposición sobre Castelao porque, segundo Antón Bao, a” importancia e a transcendencia da súa obra fan del un compatriota insubstituíbel, porque xuntou en toda a súa actividade múltiplas funcións artísticas e políticas, como debuxante, pintor, xornalista, caricaturista, ilustrador, escritor, pensador e político nacionalista”. Mais, todas as faces deste poliedro tan fértil obedecen a unha mesma motivación e aspiración, continuou Bao, “a significación ...

CASTELAO NO MUSEO DE LUGO

PRÓXIMA EXPOSICIÓN: Castelao. A derradeira lección do mestre Inauguración, mércores, 14 de abril, ás 20.00 horas (Do 14 de abril ao 10 de xullo de 2010). Entrada gratuíta __________Horario Luns a venres: 10:30 a 14 e de 16:30 a 20:30 h. Sábados: 10:30 a 14 e de 16:30 a 20 h. Domingos e festivos: 11 a 14 h. Entrada gratuíta Museo Provincial de Lugo Praza da Soidade s/n 27001 Lugo Tfno.: 982 242112 info@museolugo.org __________A DERRADEIRA LECCIÓN DO MESTRE No 7 de Xaneiro deste 2010 cumpríronse 60 anos da morte de Castelao. Esta Exposición a el dedicada quer, a pé feito, conxurar unha perniciosa parsimonia, non casual, a que nos leva a demorar de máis no coñecemento da nosa historia e, por tanto, a ignorármonos nós mesmos. O caso de CASTELAO (Galiza Rianxo, 1886 -Buenos Aires, 1950) é particularmente chamativo, porque se dá a circunstancia de que non só constitúe un precioso antecedente cultural e político, senón que o pensamento e a praxe por el elaborados están aínda lonxe de teren cu...