Ir al contenido principal

Entre Marbella e Torremolinos

A mostra coincide co peche definitivo do Hospital Psiquiátrico San Rafael de Castro Riberias de Lea, en Castro de Rei (Lugo) inaugurado en 1953 e construído seguindo o modelo do labirinto panóptico (a cadea perfecta), sendo o único edificio deseñado e construído en Galicia coa finalidade de atender a doentes con enfermidades psiquiátricas. “Marbella” fai alusión ao pavillón-solaina das mulleres e “Torremolinos” ao pavillón-solaina dos homes.
Xunto coa mostra fotográfica proxéctase un documental de 30 minutos de duración, vídeo que se vai poder visualizar tamén en todos os museos dependentes da área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, sempre ás 17:00 horas e ata a clausura da exposición.
Así mesmo, no tempo de apertura ao público desta exposición vaise desenvolver un amplo programa de actividades complementarias (véxase documento adxunto en PDF) con conferencias, mesas redondas, obradoiros e visitas guiadas cos que se pretende concienciar ás persoas interesadas sobre a historia e o “estigma” destes enfermos, tantas veces illados e de costas á sociedade.
O xoves, 29 de decembro, a partir das 20:00 horas, na mesma Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos vaise desenvolver o nº 28 da revista oral O pazo das musas, número na que vai intervir tamén o fotógrafo Xosé Reigosa para amosarnos fotografías do manicomio de Castro non incluídas nesta exposición.

Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos (sede da Deputación de Lugo)
(Do 28 de decembro de 2011 ao 29 de febreiro de 2012)
>> Comisariado: Encarna Lago

Entrada gratuíta

Horario
Dende setembro a xuño
Luns a venres: 10:30 a 14 e de 16:30 a 20:30 h.
Sábados: 10:30 a 14 e de 16:30 a 20 h.
Domingos e festivos: 11 a 14 h.

Sala de Exposicións Pazo de San Marcos
Edificio da Deputación Provincial de Lugo
R/ San Marcos s/n
27001 Lugo

Contactos: Tfno.: 982 242112 / info@museolugo.org
__________________________________
ENTRE MARBELLA E TORREMOLINOS [IMAXES DE MANICOMIO]
O enfermo mental estivo choído, en moitas situación en condicións infrahumanas. Nos primeiros tempos os tratamentos eran moi limitados. Usábanse medicamentos para tratar a enfermidade, prestábanse coidados básicos de enfermería e hixiene, ao tempo que se recorre a técnicas como laborterapia e se poñen os medios para ocupar o tempo de estancia na institución con salas de xogo, lecturas…
Non todo o resolven os tratamentos medicamentosos. Hai outros problemas importantes que atender, entre eles o da comunicación da institución e dos enfermos co mundo exterior, coa familia e coa sociedade… unha das grandes preocupacións do primeiro director de San Rafael, o doutor Ángel Usero Tiscar.
O principal problema (o estigma) do enfermo mental é o aillamento, a incomprensión e o rexeitamento social. Avanzamos máis en medicación que en aceptación social pero hai que pensar que ao final do camiño, que tras as portas e ventás do manicomio está a sociedade, estamos todos nós, e a todos nós compete borrar ese estigma.

XOSÉ REIGOSA PIÑEIROA
Nace en San Cosme de Barreiros. Vive en Lugo dende 1981. Aos 25 anos tomou contacto coa fotografía a través dun libro que lle prestou un amigo. É totalmente autodidacta, aínda que asistiu a talleres e cursos con fotógrafos importantes sempre que tivo ocasión. Realizou arredor de 50 exposicións entre individuais e colectivas. Acadou algún premios en concursos fotográficos, pero dende hai moitos anos non participa en ningún. Colaborou en varias publicación. Gústalle tratar os temas onde interveña o ser humano: retrato, nu, escenificacións, etc. Imparte cursiños, talleres e charlas sobre tema fotográfico. Actualmente o seu traballo “A Muralla cohabitada” despois dun ano inda permanece colgada nas oficinas do Concello (Seminario Menor) e proximamente vai ser publicada en formato libro. No corrente ano tamén expuxo simultaneamente en tres salas de Bos Aires (Arxentina) e o próximo 9 de xaneiro inaugúrase en Montevideo unha mostra con obras súas pertencente o proxecto “Universos cohabitados nos camiños de Santiago”, algunha en gran tamaño (2x3 metros). Unha obra súa tamén forma parte da mostra “Andante” organizada por Ramón Alvarez e que recorre varios espazos de Galiza. O seu último traballo “Entre Marbella e Torremolinos (Imaxes de manicomio)”, que se compón de 30 fotografías e un documental de 30 minutos pode verse ata o remate de Febreiro na sala da Deputación. Algunha publicación: Catro x Vinte. Catro Autores (1988), 40 anos de fotografía en Lugo (1998), Portadas da publicación mensual “Entremuros” da que se editaron 43 números (2001/2005), Catálogo da exposición, 12345 (2010) e Guía de Arquitectura de Lugo (2011).

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS
Mércores 28 de decembro, ás 19:00 h.: Inauguración exposición

Xoves 29 de decembro, ás 20:00 h.: Intervención de Xosé Reigosa na revista oral "O pazo das musas"

Xoves 12 de xaneiro, ás 20:00 h.: Dr. Gonzalo Paz Doel. Charla: “Arte e psiquiatría”
Presenta Encarna Lago

Mércores 18 de xaneiro, ás 19:00 h.: Visita guiada

Xoves 19 de xaneiro, ás 20:00 h.: Manuel Fernández Prado, (Presidente de ALUME e Vicepresidente de FEAFES-Galicia)
Charla: "O movemento asociativo e a enfermidade mental en Lugo"

Xoves 26 de xaneiro, ás 20:00 h.: Película sobre tema psiquiátrico, en colaboración con Clube Cultural Valle-Inclán
(LT 22 Radio la Colifata)

Xoves 2 de febreiro, ás 20:00 h.: Dr. Luis Vila Pillado. Charla: “ A loucura no cine”

Sábado 4 de febreiro, de 12:00 a 14:00 h.: Obradoiro a cargo de Xosé Reigosa

Xoves 9 de febreiro, ás 20:00 h.: Dra. Ana López Crecente, Directora San Rafael. Charla: “O manicomio de Castro”

Xoves 16 de febreiro, ás 20:00 h.: Dr. Victor Rodríguez Perez. Charla: “A historia da psiquiatría”

Esta exposición e as actividades complementarias programadas non son máis que a chave de apertura dunha serie de propostas dun amplo proxecto artístico que pretende a apertura simbólica definitiva do espazo manicomio (encerro) ao espazo de creación (liberdade).

Colaboran : Alume e Clube Cultural Valle-Inclán
____________________________________________
DESMONTANDO A BENTHAM
Agora, 26 anos despois do inicio oficial da desinstitucionalización psiquiátrica, o fotógrafo Xosé Reigosa inicia o proxecto de desmontar a Bentham no Hospital Psiquiátrico de San Rafael de Castro. Darlle luz á tolemia á traves da arte, humanizar aos esquecidos, empregar os espazos para a expresión e non para a represión. Desmontar a Bentham non é coller cela por cela, como cubos de tetris, e colocalas fisicamente noutro lugar. É deixar de agochar ao tolo, recuperalo para con nós, incluso animalo a conducir (de novo). Os internos de Castro xa o sabían. Tamén o sabían os coidadores de San Rafael e os veciños de Castro, eran os seus tolos, “os tolos de Castro”. Fuxían do panóptico, estrada abaixo, con permiso ou sen el, retaban a un axuste de contas a Bentham con cada un dos seus achegamentos á vila. Imaxe clásica chairega, a de pasar no coche e velos pola estrada, saudando, marcando o camiño de onde realmente quixeron estar: onde a xente, encarando a estigmatización e a marca a ferro das celas marxinadoras. Á volta, só os coidadores os atendían no seu retorno ao esquecemento, ao único lugar onde moitos internos tiñan repouso. Esa relación entre internos, coidadores e a vila foi a aplicación do proceso de desinstitucionalización psiquiátrica, feito informal e popular, comunitario e ate integrador nalgún momento. Castro e a súa xente chegou a comprender e incluir a estas persoas mellor que calquera psiquiatra lobotomizador doutro tempo, mellor que as familias que alí os deixaban esquecidos e estigmatizados, trocándoos por un incómodo silencio.

Baixo o título “Entre Marbella e Torremolinos. [Imaxes de Manicomio]” Xosé Reigosa mostra ao detalle a simboloxía da deseperación, do esquecemento e do afastamento. Entre a salas de descanso, denominadas aceda e cínicamente “Marbella” a das mulleres e “Torremolinos” a dos homes, os internos pasean perdidos no labirinto da mente humana e perdidos no labirinto do panóptico de Castro. Como Teseo, viaxan polos corredores e as estancias franqueados polas interminables pasaxes garabateadas nas paredes, mostra da desesperanza. As fiestras poderían ser os ollos ao exterior, se non fose que o lousado do edificio tapa o ceo; pecha paxaros e pantasmas, deixándoos sen saída. A viaxe continúa entre aposentos húmidos e minúsculos nos que, dalgún xeito, se tenta ao descanso entre os restos da vida anterior fóra do labirinto/panóptico. Na sala de xogos un mural escenifica unha praia sen atinar no obxectivo do desafogo. É máis, afianza o desalento mostrado por un boneco vestido de lá, que vencido e sentado repousa no alféizar coa cabeza agachada de costas a luz. Nesta odisea, os internos van na procura da corda de Ariadna, que lles indique o camiño á liberdade, sair de si mesmos e do panóptico; desfacer o camiño andado no maldito labirinto. Deixar o medo pechado para sempre, deixalo portas adentro dos muros do panóptico e guindar a chave ao Lea.

No 1885 publícase o “Real Decreto para la Observación e Internamiento de Dementes”; nel establécese que os concellos e as deputacións deberán habilitar espazos para a atención e observación de enfermos mentais antes do seu recluimento manicomial (pasando a ser reclusos). No mes de xullo, a mitra compostelán e un par de socios acaudalados abren o Manicomio de Conxo. Décadas despois, tras negociación das deputacións galegas, a Conxo vaise derivar o internamento de case todos os enfermos mentais de Galicia, nunhas condicións ínfimas (taxas de mortandade do 38 %). Este escuro período vén marcado tamén polas contínuas denuncias da situación dos grandes especialistas galegos da época. Encargados da institución como Lois Asorey ou Ramón Rodríguez Somoza, entre outros, que procuran a mellora, humanización e reforma da asistencia ás persoas enfermas alí recluidas; cun enfrontamento contínuo co patronato propietario do xa denominado Sanatorio de Conxo (a Igrexa). En Lugo, a beneficiencia provincial confinaría algúns dos seus pacientes o sanatorio do doutor Ricardo Núñez, en Vilapedre (Sarria), dende o 1910 ao 1951, doutor cunha visión oposta á dos donos de Conxo basada na inclusión social dos enfermos.

Castro proxéctase despois da Guerra Civil, no 1943 e faise real no 1954. Xestionado pola Beneficencia da Deputación Provincial de Lugo, é o segundo grande centro de reclusión para enfermos mentais en Galicia. Logo dos intentos dos doutores progresistas republicanos, dende o triunfo do Alzamiento Nacional, o panóptico como idea, outra vez, manda. A frase sempre é a mesma “Ti non es ben, vas ir parar a (Castro-Conxo-Rebullón dende 1975 en Vigo)” de novo esclusión, vixilancia e agocho. Polas terras de Sarria dicían do doutor Ricardo Núñez, “non sei quen está máis tolo, se Don Ricardo ou o tolo que conduce o coche” cando pasaba diante os veciños con un dos seus pacientes manexando o vehículo xa que el non sabía conducir.

En 1985 apróbase o “Informe de la Comisión Ministerial para la Reforma Psiquiátrica”. Supón a o inicio da regulación da desinstitucionalización psiquiátrica; o abandoo dos manicomios. Procúrase iniciar un proceso de reforma para reintegrar a estas persoas e o tratamento das súas doenzas na sociedade e non nun edificio illado, agochado e vixiado. Ponse o primeiro grao para rematar unha viaxe de 100 anos pola tolemia, por antebrazos con nº de serie tatuados, de morte, frío e medo. Unha viaxe na que só un conxunto de especialistas nos anos 1920/30 (serían condeados logo ao autoexilio pola Dictadura de Franco) tentarían desmontar o panóptico de Bentham; desmontalo como idea e concepto: rexeitar o medo como fundamento. No 1985 retomamos a viaxe daqueles doutores republicanos e a de Ricardo Núñez. No sanatorio de Vilapedre, o artista sarriao Rubén Santiago situou a instalación
“8888 octillones” no ano 1999, o que serviu de despedida social ao antigo sanatorio do Dr. Ricardo Núñez, antes de reconstruirse en hotel. As esculturas eran monstros, probablemente os monstros que con agarimo o doutor tentaba estirpar dos seus pacientes;. foi o inicio de 26 anos cun mesmo cometido: desmontar a Bentham.

Dende a Rede Museística Provincial convidámolos a participar neste proceso a través da mostra do traballo fotográfico de Xosé Reigosa e do conxunto de actividades complementarias programadas. Desta maneira, vostede poderá ser parte activa neste proxecto de intervir, humanizar, socializar… o Sanatorio San Rafael de Castro, iniciativa que vai ter continuidade con outras propostas artísticas, que anunciaremos en pouco tempo e que procuran a apertura simbólica definitiva do espazo manicomio (encerro) ao espazo de creación (liberdade).

Comentarios

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h  ...

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación...