POSTAIS DA GUERRA DE ÁFRICA. Colección de Manuel Urbano Barrio. Esta mostra, encadrada dentro do programa da Rede Museística da Deputación de Lugo A arte de xuntar
Mañá martes, día 31, ás 20:00 horas, terá lugar na Sala Multiusos do Museo Provincial de Lugo, a inauguración da exposición POSTAIS DA GUERRA DE ÁFRICA. Colección de Manuel Urbano Barrio . Esta mostra, encadrada dentro do programa da Rede Museística da Deputación de Lugo A arte de xuntar e que ten como un dos seus obxectivos darlle visibilidade a diversas coleccións de particulares, está formada por postais que amosan imaxes dunha das contendas máis tráxicas e crueis da historia española do século XX e que tivo unha enorme repercusión nos medios de comunicación. Con motivo do 90 aniversario do remate desta contenda, a Rede Museística da Deputación de Lugo quere amosar esta colección de fotos en formato postal realizadas nos anos que durou esta guerra. Trátase de máis de 100 imaxes, a maior parte delas son en branco e negro, se ben hai algunhas coloreadas, que constitúen un documento gráfico de gran importancia no que se poden ver, entre outros aspectos, ...