O NOVO PROXECTO MUSEOLÓXICO DO MUSEO DO MAR DATA DO ANO 2006 INÍCIASE A PRIMEIRA FASE DA SÚA EXECUCIÓN CUN ORZAMENTO DE 5435 EUROS FOI DIRIXIDO POLA SÚA XERENTE ENCARNA LAGO EN COLABORACIÓN COAS COMPAÑEIRAS DA REDEMUSEÍSTICA E CON VECIÑXS DE SAN CIBRAO.
O PLAN MUSEOLÓXICO: CONCEPTO E ESTRUCTURA Tense teorizado moito sobre a definición de museo e moitas foron as solucións resultantes destes debates. O denominador común de todas elas é o seu carácter social, polo tanto o planeamento conceptual do museo ten que ser repensado constantemente, xa que ten que responder ás novas demandas xeradas por unha realidade cambiante e en constante evolución. A elaboración dun plan museolóxico responde a esas necesidades de cambio, esixe unha análise detida do novo contexto e un replaneamento de prioridades e de obxectivos a medio - largo prazo. Así pois, o plan museolóxico ten como obxectivos a redefinición dos procedementos do traballo a nivel interno, o establecemento de novos canles de comunicación entre os responsables do museo e a administración da que forma parte e o deseño de proxectos dun xeito coherente e eficaz. Comecemos por aportar algunha destas definicións. Para o ICOM (Comité Internacional de Museos), un museo é t...