Seguindo unha política de máxima transparencia na xestión, este ano dende a Xerencia da Rede Museística, dependente da Area de Cultura da Deputación Provincial de Lugo, presentamos a memoria 2010 dos Museo Provincial do Mar de San Cibrao, Pazo de Tor e Museo Fortaleza San Paio de Narla en dous formatos, físico e dixital. Desta maneira todo aquel que o desexe pode consultala dende un ordenador. Pensamos que os usuarios deben saber como se xestionan os cartos investidos na Rede xa que son cartos que saen dos seus petos. Tamen e importante resaltar que a creación desta web esta feita con ferramentas gratuitas e que estan o alcance de todos. A racionalización do gasto e a cooperación de todo o persoal deu como froito que cunha porcentaxe destinado a actividades culturais, en principio, tan pequeno(menos de 6000 euros anuais en actividades culturais para cada un dos museos de San Paio, Pazo de Tor e Museo do Mar) teñamos: Un correcto funcionamento e cumplimento estricto das fun...