Ir al contenido principal

Antón Bao destacou que se trata “dunha mostra ambiciosa que permite coñecer toda a obra da figura máis importante da historia deste País

Esta mostra recolle obras de todas as vertentes artísticas que Castelao cultivou até a súa morte hai 60 anos, tanto pinturas como debuxos e caricaturas, e permanecerá aberta ao público no Museo de Lugo até o 10 de xullo.

Antón Bao, na súa intervención no momento da presentación, destacou que se trata “dunha mostra ambiciosa que permite coñecer toda a obra da figura máis importante da historia deste país, a maior personalidade galega do século XX”. Desde a Área de Cultura da Deputación traballouse sempre co convencemento da necesidade dunha exposición sobre Castelao porque, segundo Antón Bao, a” importancia e a transcendencia da súa obra fan del un compatriota insubstituíbel, porque xuntou en toda a súa actividade múltiplas funcións artísticas e políticas, como debuxante, pintor, xornalista, caricaturista, ilustrador, escritor, pensador e político nacionalista”. Mais, todas as faces deste poliedro tan fértil obedecen a unha mesma motivación e aspiración, continuou Bao, “a significación cultural e a representación política da Galiza como nación que debía ser coñecida e recoñecida como tal, tanto fóra como dentro dela mesma”. Para Bao, con esta exposición faise un pouco de xustiza necesaria ao recoñecemento dun Castelao “que non abdicou nunca, en toda a súa vida adulta, dun duplo deber: a devolución aos galegos da súa historia e da súa cultura, e a proxección do universo galego en España e no mundo”.

Antón Bao rematou mostrándose “satisfeito por poder realizar esta exposición que se facía xa máis que necesaria” e agradeceu a todas e cada unha das persoas que participaron na súa elaboración e montaxe, persoas que colaboraron cedendo documentos orixinais que se expoñen, a todas as persoas que compuxeron o comité científico e ao comisariado da exposición, María Pilar García Negro e Felipe Senén López Gómez, “por contribuír a facer realidade esta exposición tanto desexábamos para que poidan gozar todos e todas as lucenses e galegos”.

O período que privilexia esta exposición correspóndese cos anos 1936-1950, anos todos en que Castelao non puido poñer o pé na súa terra e traballou desde o exilio, e nos que se cadra por isto as referencias a Galiza son máis nutridas e intensas. A exposición non é só un proxecto expositivo e editorial, senón que vai máis alá ao estar complementado cunha programación cultural paralela na que se desenvolverán actividades didácticas e divulgativas arredor de Castelao, para afondar no coñecemento dunha figura imprescindíbel para entender o país galego.e

Comentarios

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h  ...

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación...