Ir al contenido principal

convocatoria aberta pola REAJ está dirixida a artistas plásticos menores de 35 anos

O COMPLEXO XUVENIL DE LUGO É SELECCIONADO PARA IMPLANTAR O PLAN DE MOBILIDADE CREATIVA DA REDE ESPAÑOLA DE ALBERGUES

Imaxe principal do artigo ou noticia

Só cinco centros de toda España, entre eles o xestionado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, participarán nesta iniciativa estatal O proxecto ten como finalidade promover e estimular a creación artística dos mozos e mozas dentro dos parámetros da arte actual

O complexo xuvenil LUG II, dependente da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, ten sido seleccionado para implantar o Plan de Mobilidade Creativa da Red Española de Albergues Juveniles (REAJ).



Só cinco centros de toda España, entre eles o emprazado na capital lucense, foron escollidos para desenvolver a primeira fase deste proxecto que ten como obxectivo fomentar a mobilidade entre a mocidade creativa de todo o territorio nacional. En concreto, os mozos e mozas que se despracen ata Lugo intervirán en iniciativas de creación multidisciplinar vinculados á figura do albergue e a cidade onde se asinta. 



A convocatoria aberta pola REAJ está dirixida a artistas plásticos menores de 35 anos. Entre os mozos e mozas que se apunten, a Red Española de Albergues Juveniles escollerá a entre 40 e 50 creadores que serán os que interveñan nos proxectos multidisciplinares que se desenvolverán nos albergues xuvenís de Lugo, Zaragoza, Miranda de Ebro, Córdoba e Vic. 



A convocatoria aberta pola REAJ está dirixida a artistas plásticos menores de 35 anos. Entre os mozos e mozas que se apunten, a Red Española de Albergues Juveniles escollerá a entre 40 e 50 creadores que serán os que interveñan nos proxectos multidisciplinares que se desenvolverán nos albergues xuvenís de Lugo, Zaragoza, Miranda de Ebro, Córdoba e Vic. 



En cada unha das cidades reuniranse 10 persoas de distintas disciplinas artísticas. A REAJ facilitará o desprazamento, o aloxamento e a manutención dos artistas seleccionados, así como o custe de produción de cada un dos proxectos cun máximo de 750 euros por artista. 



As persoas interesadas en participar na iniciativa poderán presentar as súas solicitudes ata o próximo día 31 de marzo. As bases da convocatoria pódense consultar na páxina web da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado www.xuventude.net. 



A finalidade última do plan é promover e estimular a creación artística dos mozos e mozas dentro dos parámetros do arte actual, preferentemente nas disciplinas de pintura, escultura, debuxo, fotografía, vídeo, instalación, videoarte, arte urbano, arte electrónico, performance ou música, entre outras tendencias

Comentarios

Entradas populares de este blog

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación...

Mapa conceptual sobre la pedagogía del SXXI