Ir al contenido principal

REDE COWORKING


REDE COWORKING
Encontro de artistas para debater sobre os tecidos asociativos
A crise contextual que estamos a padecer está a cuestionar as estruturas e afianzamentos de todo o noso sistema socioeconómico, facendo tambalear os formatos anacrónicos e piramidais que se viñan sostendo nas últimas décadas.
Este desequilibrio e depresión non se extrapola ó terreo da arte. É máis, podemos dicir, que os artistas son un dos sectores que máis está producindo, esgarrando esas teimas de incertidume que están a paralizar tantas outras actividades. Para elo, están xurdindo fórmulas de cooperación e colaboración que fan posible aunar esforzos e focalizalos cara unha única dirección.
Sumar. Esa é a clave. En rede, o noso alcance é expansivo. E dende a xestión cultural, non somos alleos a este tipo de tecido asociativo que se está xerando, como unha segunda dermes baixo a primeira, que viña supoñendo a institucional. Recuperando o espírito da histórica Comuna parisina de 1871, propoñemos un proxecto artístico popular e autoxestionado, unhas primeiras zancadas cara a creación dunha rede coworking, debatendo a viabilidade desta fórmula no noso contexto e desenrolando posibles sinerxias entre artistas e outros axentes do mercado da arte.
Rede Coworking é polo tanto un pequeno encontro de debate, para tratar de analizar a situación actual e argallar posibles vías de saída. Pode selo traballar en rede? Posiblemente sexa a única morfoloxía verosímil nestes intres, supoñendo unha plataforma de resistencia para os artistas, xeradora de vínculos, xerme de propósitos e iniciativas que poden atopar nas redes unha vía de supervivencia.
Xuntos podemos.
Paula Cabaleiro
ONDE? no Museo Provincial de Lugo
CANDO? martes 12 de Marzo ás 20.00h
MÁIS INFO: http://www.museolugo.org/documentos.asp

Comentarios

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h  ...

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación...