O Museo Fortaleza de San Paio de Narla e o Centro de Educación Permanente de Adultos do Centro Penitenciario de Monterroso
CONVÍDANO
á inauguración da exposición “Mulleres en Turquía. Retratos de convivencia”, de Pedro Cantero
Mostra fotográfica e coloquio sobre Turquía, a súa sociedade e a súa cultura a través de retratos de mulleres
EXPOSICIÓN
O Museo Fortaleza de San Paio de Narla dentro do programa “Museos Posibles 25.2”, e en colaboración nesta ocasión co Centro Penitenciario de Monterroso, expoñerá a exposición fotográfica de Pedro Cantero sobre Turquía, a súa sociedade e a súa cultura a través de retratos de mulleres,
A inauguración, coincidindo coa finalización do curso escolar 2015/16 será o próximo día 22 de xuño, ás 17:00 horas.
Esta exposición permanecerá ata o 31 de xullo de 2016.
Pedro Cantero, director do Centro de Educación Permanente de Adultos do Centro Penitenciario de Monterroso, é o autor da mostra e o promotor no Centro Penitenciario dos Proxectos Educativos Europeos. Xunto ao seu equipo de colaboradores, aproveita o traballo de cooperación internacional entre organizacións educativas na Unión Europea, as experiencias compartidas e as viaxes realizadas ao longo dos últimos cursos para recompilar e seleccionar o material fotográfico.
A mostra de fotografías con estas mulleres obtívose directamente en espazos públicos de cidades de Turquía, país cos seus propios usos e costumes, rúas e prazas cheas de xentes de aparencias étnico-culturais diversas nas que convive dinamicamente a cultura propia coa que importan as técnicas do marketing de mercado, o emerxente desenvolvemento económico inspirado no mundo occidental e o progreso dunha sociedade orientada ao benestar.
Como neutros testemuñas oculares -dende unha visión multiétnica, cosmopolita, crítica cos sistemas e respectuosa coas persoas-, a exposición pretende facer visible a presenza da muller nesta sociedade en evolución e en todas as sociedades. Pretende facer reflexionar ao observador sobre a necesidade de contemplar una realidade complexa, cambiante e dinámica; recapacitar sobre o feito do potencial desenvolvemento económico e social e, en todo caso, chamar a atención sobre o importante: fomentar a igualdade.
O Museo Fortaleza de San Paio de Narla, pertencente a Rede Museística Provincial de Lugo, foi declarada Ben de Interese Cultural BIC no ano 1949 e está incluída no catálogo de monumentos do patrimonio histórico de España. En 1983 instalouse neste edificio a sección de etnografía do Museo Provincial de Lugo, e hoxe en día forma parte xunto co Museo Provincial de Lugo, o Museo Provincial do Mar e o Museo Pazo de Tor da Rede Museística Provincial, pertencente a Deputación de Lugo.
COLOQUIO: Participantes no coloquio: “Entre culturas”
• Pedro Cantero, director do Centro de Educación Permanente de Adultos do C. P. Monterroso
• Alí Lahna Díaz, tradutor del C. P. Monterroso. Experto en culturas mediterráneas e orientais.
• Víctor Fraga Gayoso, director de Programas C. P. Monterroso.

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo. Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra , por Cándido Pazó Visita guiada 16:00 h: Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ” Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h ...