San José e a Virgen Santa
por Baixo da manta
a Belén camino iban
e a manta por riba.
San José camiña moito
por baixo da manta
pero a Virgen non podía
e a manta por riba.
Andemos señora andemos
por baixo da manta
que se nos acaba o día
e a manta por riba.
Se este día se acabase
por baixo da manta
outro Dios nos mandaría
e a manta por riba.
Se este día se acabase
por baixo da manta
outro Dios nos mandaría
e a manta por riba.
E os señores desta casa
por baixo da manta
hannos dar unha alegría
e a manta por riba.
E se non queren dar nada
por baixo da manta
condenado sea o día
e a manta por riba.
San José e máis Maria
iban xuntos para Belén
iban cantando nos reises
a Jesús de Nazaret.
Iban d vila en vila
e de lugar en lugar
en busca de Jesucristo
non o puideron hallar.
Fororn dar con el a Roma
Revestido no altar
misa nova quer decir
misa nova quer cantare
Aquela paloma branca
que está posta no altar
aquela é nosa señora
que nos vén visitar.
San José bota as redes
por riba de San Bernaldo
toma nena este pañuelo
bótanolo aguinaldo.
De cantar xa nos cansamos
noite que andar inda falta
as forzas piden reparo
mollo as gorxas e non de auga.
Este vai por despedida
hoxe aquí non canto outra
os señores desta casa
doxe un ano me oian outra.
Comentarios
Publicar un comentario