Ir al contenido principal

ADAPTACION:COMO LAS BALLENAS LLEGARON A SER BALLENAS

CÓMO AS BALEAS CHEGARON A SER BALEAS

Hai moito moito tempo, nunha terra moi lonxana había unha pequena aldea preto do mar. Nela vivía un home chamado Xurxo que tiña un pequeno horto onde cultivaba cenoiras, cebolas, xudías e todo o que precisaba para comer.
Un día, cando estaba arrincando as malas herbas das plantas, viu unha cousa estraña, era longa e negra, e tiña unha raiciña nun extremo
— ¿Será unha xudía negra?— pensou
Ó día seguinte lembrouse da cousiña negra. Foi ver como estaba. Quedou sorprendido. Durante a noite dobrara a súa lonxitude. Agora, tiña medio metro de lonxitude, coma un ovo negro.
Todos os días ía Xurxo mirala e cada día era máis grande. En realidade, cada mañá era o dobre de longa que a mañá anterior.
Cando tivo un tamaño de dous metros, Xurxo dixo:
—Estase facendo demasiado longa. Debo sacala e cociñala.
Deixouna un día máis.
Ó día seguinte, tiña catro metros de longo e ocupaba tanto espazo que non cabía en ningunha das cazolas de Xurxo.Se continuaba medrando a este ritmo pronto espetaría contra a casa.
De súpeto, ela abriu un ollo e mirouno. O ollo era pequeno e redondo. Estaba a carón do extremo máis groso e máis alonxado da raíz. Deu a volta camiñando ata o outro lado, e alí había outro ollo, que tamén o fitaba.
—¡Ben!—dixo Xurxo— ¿Como estás?
O ollo pestanexou, e a tersa pel de abaixo dobrouse lixeraimente, como se aquela cousa estivese sorrindo.
Á mañá seguinte, Xurxo ergueuse cedo e saiu ó horto. A planta negra con ollos medrara o dobre. Derrubara parte do valado, de modo que a cabeza chegara ó camiño. O seu lombo estaba apretado contra a parede da cociña.
— Eres grande de máis—dixo—. Por favor, deixa de crecer antes de que derrubes a miña casa.
A planta abriu a boca.
—Non podo— dixo a boca.
—Ben, entón, ¿Qu clase de cousa eres? ¿Sábelo?
—Eu—dixo a cousa—son unha Planta de Balea. Oirías falar da berza can, o apio de rá e o dente de león. Pois ben, eu son a Planta de Balea.
A mañá seguinte, a Planta Balea chegaba ata o outro lado do camiño e co seu lombo afundira a parede da cociña. Era máis longa e máis gorda ca un autobús. Cando Xurxo viu isto, falou cos demais animais
—Teño no meu horto unha cousa moi estraña. Ide vela. ¿Que imos facer con ela?
Os animais deron voltas ó redor da Planta de Balea. A súa pel era tan brillante que podían verse reflexados nela.
—Deixala— propuxo a Avestruz—. E esperar a que se debilite.
—Pero pode seguir medrando ata cubrir a terra, e teríamos que vivir sobre o seu lombo —opinou Xurxo.
—Eu propoño que a tiremos ó mar —dixo o Rato.
—¡Non! —exclamou Xurxo—. Iso é demasiado. Deixémola durante uns días a ver que acontece.
Ó cabo de tres días a casa de Xurxo estaba totalmente destruida e a Planta de Balea era tan grande como unha rúa.
—Agora é demasiado tarde para tirala ó mar porque é demasiado grande para movela —dixo o Rato.
Entón, Xurxo atou unhas cordas longas e grosas ó seu redor e chamou a todos os animais para que o axudaran a tirar dos extremos das cordas.
— ¡Eh¡ Deixádeme en paz —berrou a Planta de Balea
—Vas ir ó mar —vocexou o Rato.
—¡Non! —gritou a Planta de Balea
Todos os animais tiraron das cordas e sacaron a raíz da Planta de Balea da terra. Todos eles a arrastraban polo campo e levárona a un altísimo acantilado. Dende o alto só se oía
—¡Socorro, socorro!¡Afogareime!¡Por favor, quero voltar á terra!
—Non, ata que sexas máis pequena —exclamou Xurxo—.Entón volverás.
—¿Pero como conseguirei ser máis pequena? —dixo chorando—. Por favor, amosádeme como podo facerme máis pequena para poder vivir na terra.
Xurxo, inclinouse polo alto acantilado e cravoulle un dedo no cume da cabeza.
—¡Ah¡ —berrou a Planta de Balea —. ¿Por que me facedes isto? Fixéchesme un burato. Entrarame auga.
—Non, non che entrará senón que sairá unha parte de ti. Agora empeza a soprar o que teñas dentro por ese buraco —dixo Xurxo.
A Planta de Balea soprou, e un alto surtidor de escuma xurdíu polo furado que Xurxo lle fixera. Logo fíxose máis cativo. Ó reducirse, a súa pel, que fora tan tersa e brillante cubriuse de miudas enrugas. Por fin, Xurxo díxolle:
—Cando sexas tan anana como un cogombro poderás regresar ó meu xardín. Mentras tanto quedarás no mar.
Xurxo marchou cos animais, deixando a Planta de Balea soprando no mar.
Pronto a Planta de Balea diminuíu ata facerse do tamaño dun autobús. Soprar era un traballo moi pesado, e apetecíalle durmir. Inspirou profundamente e afundiuse ata o fondo do mar para descansar.
Cando espertou deuse de conta que medrara. Era tan extensa coma unha rúa e do grosor dun barco de dúas chemineas.
Subíu á superficie todo o rápido que puido e comezou a soprar. Ó cabo dun intre, tamén, apeteceulle voltar a durmir. Inspirou profundamente e afundiuse.
Cando espertou tiña outra vez a lonxitude dunha rúa.
Isto continuou durante anos e aínda segue.
A Planta da Balea diminúe ó soprar, crece ó durmir. Cando se sinte forte, redúcese ó tamaño dun coche. Pero sempre, antes de chegar a ser tan pequena coma un cogombro, adormece. Cando acorda, volve a crecer.
Desexa voltar á terra e durmir ó sol, coa súa raíz no chan. Pero en lugar diso, ten que soprar no mar aberto. Agora, os animais chámana Balea

E CON ESTE CONTO, REMATAMOS









ADAPTACIÓN:
“COMO LAS BALLENAS LLEGARON A SER BALLENAS”.
Ted Hughes 1963. Ed. Alfaguara

Comentarios

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h  ...

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación...