Ir al contenido principal

Conto da Pequena Balea

“ROSA, A PEQUENA BALEA”

Hai moitos moitos anos nas augas da Mariña Lucense ía un barco baleeiro á captura de baleas.O ceo estaba toldado e ameazaba unha gran treboada.O vixía que estaba na proa, comezou a berrar:
—¡ Baleas, baleas, baleas! ¡Están a babor! ¡Preparádevos! ¿Está o arpón listo?
¡ Rápido!¡Apurade!
O home vira unha balea xigantesca que tiña unha cría.A pequena nadaba a carón da súa nai e a súa cor era chamativa; eran as dúas brancas.

¡Eran baleas belugas.!Era moi estraño ver estas baleas por estas costas xa que son de augas moito máis frías.



Os mariñeiros estaban asombrados polo que tiñan diante. Nunca viran esta clase de cetáceo por estas costas.
Colleron os arpóns de punta afiada e perseguiron as baleas. A nai balea intentaba protexer á súa cría poñéndose entre o barco e a súa pequena. Pero ó protexela saíu ferida no lombo. A cría asustada e cansa alonxouse da súa nai. Nadaba na procura da súa nai pero non a atopaba. Desconsolada non sabía onde ir nin que facer. Comenzou a salaiar e a chorar, chamando, seguramente, pola súa nai ou por alguén da súa familia.
Cando xa perdera todas as súas esperanzas cerrou os ollos e afundiuse. De súpeto, notou que algo a levaba á superficie. Cando saíu, abriu os ollos e viu a súa tía. Estaba a salvo, o seu sorriso dicía todo.
A súa tía tranquilizouna e coidou dela. Dáballe de comer, e así pouco a pouco Rosa ía crecendo e facéndose maior.

Un día pola mañá, moi cedo, Rosa decidiu marchar xa que podía alimentarse por si mesma e non precisaba os coidados da súa tía. Quería coñecer outros sitios e facer amigos. Durante a súa viaxe atopouse cunha vella tartaruga.
—¡Ola, tartaruga¡ Son Rosa ¿queres ser a miña amiga?
—Es grande de máis e dásme medo. Nunca vin unha balea coma ti —dixo a tartaruga mentres se alonxaba.

Rosa seguiu o seu camiño un pouco triste. Ela era boa, non quería facer dano a ninguén. O que sucedía era que os habitantes destas costas nunca virán unha balea coma ela, de cor branca. A súa tía voltara ó Mar do Norte onde se atopaba o resto da familia. Pero Rosa decidira quedarse uns días máis porque lle gustara a zona.
Mentres xogaba coas ondas, atopouse cun grupo de arroaces que xogaban a saltalas.
—¡Ola¡, son Rosa ¿queredes ser amigos meus?
—Paréceme que nadas demasiado despacio. A nós gústanos nadar rápido e sobre todo a carón dos barcos, xa que fan escuma.
—Aborrezo os barcos, un separoume da miña nai —respondeu Rosa moi triste recordando aquel suceso.
Os arroaces continuaron o seu camiño e Rosa tamén.
O día seguinte chegou a unha gran praia e aproximouse a axexar. ¿Quen sabe onde pode unha encontrar un amigo? —pensaba.
Na praia, o sol brillaba intensamente. Había moitos nenos e nenas xogando, uns na area e outros na auga. Eran alumnos e profesores dun colexio que facían unha excursión de varios días ó mar.
O socorrista dende o seu posto de observación, miraba fixamente o horizonte. Todo estaba quedo. De súpeto, pareceulle ver algo. Colleu os prismáticos e quedouse frío cando viu unha enorme balea achegándose á beira. Non daba creto do que estaba a ver, e ademais era unha balea branca. Colleu o megáfono moi nervioso e comezou a berrar:
—¡Saian da auga! ¡ Saian da auga!
O susto foi monumental. Mercedes, unha profesora do colexio, comezou a chamar ós alumnos que estaban disfrutando no mar.
—¡Saíde da auga! ¡Á présa! —berrou asustada.
Todos comezaron a nadar cara a praia. Un momento, todos non. Miguel, que estaba mergullado non oíu os berros. Sacou a cabeza e sen decatarse do perigo comezou a nadar cara a balea.
Na beira os seus compañeiros e as profesoras gritábanlle:
—¡ Migueeeel, sae da auga!
—¡Coidado Miguel!
—¡Tes unha balea diante!
Todos lle facían acenos para que volvese xunta deles.
Miguel parou de nadar e atopouse cunha balea xigante que o miraba e que parecía sorrir.
—¡Ola!, son Rosa. ¿queres ser meu amigo?
Co susto, Miguel desmaiouse e comezou a afundirse.
Rosa puxo a Miguel enriba do seu fociño e sacouno á superficie para que non afogase. Levouno cara a beira ante os atónitos ollos de todos, que quedaron coa boca aberta da sorpresa.
Polo camiño, Miguel volveu en si e deuse conta de que ía sobre o lombo de Rosa.
—¿Estás ben? —preguntoulle Rosa
—Sí —contestou temeroso.
—Non quería asustarte. ¿Queres ser meu amigo?
Tardou en responder xa que pensaba que estaba a soñar. Pero ó final dixo:
—Claro que si. Pareces amigable.
—¿Non che importa que sexa diferente? —dixo Rosa cun pouco de temor.
—Non. Non me importa. Cada un é como é.
—Teño que deixarte aquí, non poido achegarme máis aló ou quedarei varada.
—De acordo, xa vou só; aínda teño forzas. ¿Vas a estar aquí mañá? Gustaríame xogar contigo.
—¿Gustaríache? ¿De verdade?– preguntou ilusionada Rosa.
—Sí. ¿Entón, ata mañá?
Ó chegar á praia todos os seus compañeiros e profesores fixéronlle mil preguntas sobre a balea. Miguel díxolles que se chamaba Rosa e que viña na procura de amigos, e que mañá estaría alí para xogar.
A mañá seguinte Miguel e os seus amigos foron á praia en busca de Rosa.
—¡Rosa! ¿Estás aí? —berraron á vez os rapaces.
A balea ó escoitalos subiu á superficie.Todos se aledaron moito cando apareceu.
A chegada da balea á costa foi noticia de primeira plana nos programas informativos de radio e televisión. A amigable balea fíxose moi famosa e atraeu a moitas persoas que viñan de moi lonxe só para vela.
Pero os mariñeiros non estaban nada contentos xa que Rosa comía moito e estaba esgotando os pequenos bancos de peixe que existían na zona.
Na metade da noite presentáronse unha morea de coches con luces resplandecentes e sereas enlouquecidas. Polo mar, dous barcos cerraban a saída da enseada. ¡Viñan a por ela!
—¡Queren cazarme como fixeron coa miña nai ! —pensou Rosa asustada.
Miguel que estivera toda a noite no peirao do porto acompañando a Rosa foi avisar ós seus amiguiños e ós seus profesores. Cando regresou viña con moita xente que estaba disposta a axudar e a defender o cetáceo.
—¡Non é perigosa! ¡É a nosa amiga! ¡Afastádevos dela! ¡Non a cazaredes!
Os pescadores pecharan a saída da praia con grandes redes. Rosa, por sorte encontrou un pequeno oco polo cal se escapou.
A balea tiña máis forza e era máis rápida que os pequenos barcos. Ó ver que non podían ir tras dela, retiráronse
Os seguintes tres días de vacacións dos nenos estiveron observando se Rosa volvera
Pero ela non apareceu.
—Mañá voltaremos para a casa— dixo Miguel un pouco triste mirando ó mar e agardando que Rosa o escoitase.
De súpeto, viu ó lonxes unha silueta branca que facía escuma ó seu redor. Fixouse mellor e viu o sopro de Rosa.
—¡Está viva! ¡Está ben! —berrou cheo de ledicia.
Todos os cativos se abrazaban, gritaban e saltaban sen parar.
Rosa achegouse onde estaban os cativos moi a modo para non ser descuberta polos pescadores que seguían rastrexando a enseada .
—Gracias por todo amiguiños. Non quería irme á casa sen despedirme de vós. Nonv os esquecerei xamais —dixo Rosa moi emocionada
-¿Onde vas a ir? —preguntaron os nenos
—Volvo ó meu fogar, preto do Ártico, xa que agora alí hai moita comida e alí está o resto da miña manda.
De súpeto percibiu algo familiar. Efectivamente, ó lonxe viuse asomar na auga outra fermosa balea que se achegaba.
—Ola, chámome Félix, vou emigrar ó Norte e sentín algo especial canda pasaba por aquí; o resto da miña manda está agardando preto de aquí por min —dixo Félix

—Ola son Rosa. Eu tamén marcho cara alí a buscar a miña familia
—¿Queres que vaiamos xuntos? —engadiu sorrindo Félix
—Sí, con moito gusto —afirmou Rosa contenta.
Miguel e todos os seus compañeiros despedíronse da parella de baleas dende o porto saudando coa man e desexando atopalas de novo algún día.
E así foi como as dúas fermosas baleas comezaron a súa viaxe de retorno ó fogar.

Comentarios

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h  ...

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación...