Esta mostra recolle obras de todas as vertentes artísticas que Castelao cultivou até a súa morte hai 60 anos, tanto pinturas como debuxos e caricaturas, e permanecerá aberta ao público no Museo de Lugo até o 10 de xullo. Antón Bao, na súa intervención no momento da presentación, destacou que se trata “dunha mostra ambiciosa que permite coñecer toda a obra da figura máis importante da historia deste país, a maior personalidade galega do século XX”. Desde a Área de Cultura da Deputación traballouse sempre co convencemento da necesidade dunha exposición sobre Castelao porque, segundo Antón Bao, a” importancia e a transcendencia da súa obra fan del un compatriota insubstituíbel, porque xuntou en toda a súa actividade múltiplas funcións artísticas e políticas, como debuxante, pintor, xornalista, caricaturista, ilustrador, escritor, pensador e político nacionalista”. Mais, todas as faces deste poliedro tan fértil obedecen a unha mesma motivación e aspiración, continuou Bao, “a significación ...