Ir al contenido principal

SENSACIÓNS... ILUMINACIÓNS... MIÑAS E DA TORRE NA VOZ DE BRAIS


A diferencia de perspectivas e importancias do que facemos.... Magnificamos,pensamos algunha vez  que o que facemos é importante.... (que absurdo).Logo de pasar varias noites plantexando a montaxe da iluminación da Torre de San Paio de Narla de preparar tanto os procedementos administrativos como a iluminación con criterios museográficos(dos de verdade) rematamos o traballo (minto remataremos cando a empresa  cobre a factura).
O resultado do traballo feito  está ahí espero que vos guste.Este contenedor ten a dignidade dunha das mellores pezas  do museo  e o traballo de iluminación non foi  doado. Paciencia , técnica, visionado con distintas lúas....distintas perspectivas do edificio...distintos tipos de luz.
Estou contente co traballo feito, ainda que poda parecer unha simple mellora de iluminación para min é algo máis...(GARDOME AS MIÑAS SENSACIÓNS SOBRE ESTE TRABALLO)
 Lembrei cando entrei no museo e non entendía pq o arqueólogo(cando se estaba montando a sección de arqueoloxía) me tiña dúas horas diante de determinadas pezas mentras el as iluminaba ía movendo... 


Deus sabedes o que eu sinto son demasiado previsible pero ... que sinte a torre?

Como todalas noites, a torre foise acubillar xunto a capela. Esta, de mala gana, moveuse un pouco para lle deixar sitio.

-          Xa estamos!- rosmou a capeliña.- A ver cando te deitas cando a xente nena! Aínda por enriba deixache-las luces prendidas!
-          Pero ti que dis ho! Que luces prendidas!
-          Non me mintas, seica estivo Paquita outra vez ordenando a ferramenta nas cuadras? Seguro que adormeceu alí,  ti por non molestar estiveche velándoa e esqueciche as luces acesas.

A torre non fixo caso algún ás palabras da capeliña e teimou en se durmir de novo. Era certo que Paquita estivera traballando até tarde, mais o das luces era invento do mal espertar na ex-relixiosa. Como lle é propio a Dona Xiá, no canto de enganchar no sono enganchou nun estado entre a vixilia e o soño. Sentía ben as súas pedras como se estivese esperta, sen estalo. Unhas imaxes oníricas iluminábanlle os adentros, as estancias. Fixo repaso, unha por unha, non fora ser que a rosmona compañeira de cubil tivese razón. E foi ser que non; ningunha luz do seu interior quedara esquecida. Algo máis relaxada durmiu, non sen antes recebir un par de couces máis un responso da capela.

Xa na madrugada, case na terza vixilia, a capeliña comezou a rebumbiar. Non daba creto ao calor que desprendía a súa compañeira.

-          O desta muller é moito, meu deus, nin que a estivesen a roxar! Ca, ca!.- cabilou non sen antes separarse un chisco.

A mañá chegou con Paquita abrindo a porta principal da Fortaleza. As dúas señoras tiraron a nugalla con máis esforzos dos habituais. Coloradas as dúas, rosmaban polo baixo unha de outra. Pasaran unha calor do demo toda a noite. Aínda sendo xa primavera fora moita quentura de noso señor.


-          Oi nena! Como ferves! Esta noite non fun quen de pegar ollo!- dixo a Torre.
-          Descarada! Eras ti soíña, querida. Habiaste ver, roxada coma un forno!.- respostou a capeliña.
-          Eu? Non mintas, nena, non mintas, que aínda che ha sangrar de novo a tumba dos teus adentros.- asegundou maliciosa a Torre
-          Non te metas con dona Catalina! Que teima lle tes a pobre muller. Vasco das Seixas era un brután e non hai máis.-encabuxouse a capeliña
-          Algo faría a pendanga!.- cismou a vella.
-          Burra vella, que mala memoria tes! Ademáis que terá que ver o touciño coa velocidade, botas unha calor polas noites que abafas!.- estoupou a capeliña.
-          Haia paz! Haia paz.- intercedeu o Pombal con notoria sorna no seu sotaque.- Non dou creto, e logo non vos enterachedes?
-          Enterarnos de que, casoupo con furados!.- Berraron as dúas, feridas no orgullo.
-          Dona Xiá, bótelle un ollo á Paquita. Está no computador da recepción vendo unhas fotografías recén recibidas.

Sen deixar de bourear, a Vella Torre, concentrouse na súa estancia primeira. Nela, Paquita  pasaba unhas fotografías en formato jpg. Dona Xiá comezou, desta vez por causa dela, a roxar polos catro muros. Unha certa alegría subíulle por tódalas habitacións, coma unha corrente de aire cálido, tan forte que levantou os faldóns das camas; incluso Paquita tivo que termar do pelo para que non se lle desfixese o peinado.

-          Mira para ahí! Viche!.- trinou a capeliña, contenta coma unha nena .- e que ben saimos eh?
-          Como locen os meu muros e as miñas almenas!.- presumiu dona Xiá
-          E a miña campaíña, que cousa mais xeitosa!.- fachendeou a capeliña.
-          Agora xa non vai patinar ninguén no inverno ao baixar pola rampa medio xeada.- aseverou o Pombal.
-          Ei, cuidapaxaros! Que non saes nos retratos!.- ríronse as damas do Pombal.
-          O que é guapo, é guapo sempre, miñas señoras.- respostou con elegancia o vello.

Os comentarios alegres movían o ar. Ese ventiño ledo coxegueou nas comisuras da Paquita facendo inzar un sorriso de satisfación. Na pantalla unhas fermosas fotografías amosaban o porte esplendoroso que a nova iluminación lle outorgaba ao conxunto arquitectónico da Torre de Xiá. Luz útil e fermosa. ( Brais García)





Esto es el principio de mi entrada. Y esto el resto.

Comentarios

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h  ...

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación...