Ir al contenido principal

Entradas

PATRIMONIO ARQUEOLÓXICO SUBACUÁTICO

No Museo Provincial do Mar recoñecemos como responsabilidade prioritaria a preservación do patrimonio integral e isto só é posible implicando aos membros da comunidade en accións de preservación conxunta. Traballamos a diario para logralo, e agora queremos darvos unha serie de indicacións para que saibades como actuar no caso de un achado casual de carácter patrimonial, coñezades a quen pertencen este tipo de obxectos ou cal é a lexislación vixente ao respecto. Pola nosa tipoloxía de museo, e polo lugar onde nos atopamos, é primordial o patrimonio arqueolóxico subacuático. Pero, que se entende por este tipo de patrimonio?

19 PELÍCULAS SOBRE LAS VIDAS DE FAMOSOS ARTISTAS-CULTURA INQUIETA

http://culturainquieta.com/es/arte/pintura/item/7538-19-peliculas-sobre-las-vidas-de-famosos-artistas.html 19 PELÍCULAS SOBRE LAS VIDAS DE FAMOSOS ARTISTAS El  arte  y las  películas  son nuestras dos cosas favoritas en el mundo entero. Nada se puede comparar con la alegría de ver una película por primera vez o la mágica sensación cuando te fijas en una obra de arte. Así que nos encanta cuando los dos se combinan, ya sea en video arte o en colaboraciones entre arte y cine.

SUCASAS NA REDEMUSEISTICA O DIA 9/9/2016 NA SALA DE EXPOSICIÓNS DA DEPUTACION

GRACIAS SOLEDAD VARELA ORTEGA POLA SÚA XENEROSIDADE COA REDE MUSEÍSTICA

D úas pezas  do pintor lucense Xesús Rodríguez Corredoira  foron doadas a Rede Museística .  A doazón, foi feita por Soledad Varela Ortega, neta do filósofo Ortega y Gasset, con motivo do décimo aniversario da creación da Rede Museística da Deputación de Lugo.  Os dous cadros retratos de mulleres galegas son : Retrato de Consuelo Feijoó e Retrato de Andrea Varela , complementan as diferentes creacións da colección de Corredoira que posúe o Museo.  Temos que destacar a xenerosidade de Soledad Varela Ortega e a importancia para ao museo de que alguén quere que retratos da súa familia formen parte da Redemuseística. Jesús Rodríguez Corredoira Nado en Lugo o 5 de abril de 1889, é un dos artistas máis importantes da nosa provincia. Aos catorce anos, Rodríguez Corredoira foi bolseiro pola Deputación de Lugo para estudar en Madrid. Ao longo da súa andaina artística, foi adquirindo influenzas dos seus mestres como foi o caso de Sorolla e Zuloaga, entr...

Museo Provincial do Mar Un museo para todXs entre todXs

Museo Provincial do Mar Un museo para todXs entre todXs O noso Museo do Mar lévanos da man polo ronsel das pegadas herdadas dos nosos devanceiros: os facedores de mundos. O museo organízase nun vestíbulo e catro salas que conteñen sete seccións temáticas. O percorrido é accesible en cada sección. Nas salas gozarán dunha ampla oferta de pezas orixinais, maquetas e láminas en relevo para tocar en cada unha das seccións. Tamén contamos con textos impresos adaptados: cartelas, follas de sala, e informacións complementarias en braille, macrocaracteres, folletos en distintas linguas e información traducida a pictogramas. ENTRADA E SALA 1: 0. A ESCOLA: Un museo para todos entre todos. O LATEXO DO MUSEO: motores do barco e arquivo fotográfico. SALA 2: 1. A CARPINTERÍA DE RIBEIRA, O CASO DE SAN CIBRAO. 2. TIPOLOXÍA DE BARCOS A VELA CONSTRUÍDOS EN SAN CIBRAO. 3. A ARTE DE MAREAR: MIRANDO AO NORTE. Os instrumentos náuticos e a navegación astronómica. SALA 3:...

HOXE NO MENÚ UNHAS PEZAS DO PAZO DE TOR QUE ESTA DE 10ºANIVERSARIO

Son moitas as pezas que alberga o Pazo de Tor si vas a visitalo tanto terás unha atención personalizada dxs nosos compañeirxs tanto Tar como Silvia , Veronica o Juan te axudarán a que nos descubras mellor. Pero recomendámosche  como menú para  hoxe  unha atención especial atención as seguintes pezas mañá ou outro día seguiremos suxerindoche novos segredos para achegarte a nós: 1)       Salón de Armas : a)       Liteira de mulos : Finais do século XVII, primeira metade do XVIII. Estrutura de madeira e coiro, policromada. Usabase para o transporte de persoas e ten duas prazas. A liteira era levada en andas por dous mulos, un diante e outro detrás. b)       Moble de caza : Século VXIII. Moble de madeira policromada con porta plegable e duas baldas interiores, que servían para orear as pezas cobradas na cacería. Os motivos son dous personaxes vestidos con casaca e que pode representar unha esc...

MAÑÁ FACEMOS ARTE COA COMIDA NO MUSEO DE SAN PAIO DE NARLA (REDEMUSEISTICA)

Dentro do programa de  Actividades de Verán da Rede Museística da Deputación de Lugo , mañá xoves, día 25, van ter lugar, nos museos e horarios que se indican, os seguintes obradoiros: Museo Fortaleza de San Paio de Narla OBRADOIRO: Facemos arte coa comida Neste obradoiro xogaremos a facer arte cos alimentos. Centrarémonos principalmente en comida salgada: xoaniñas con galletas salgadas, queixo crema e tomate; sándwichs con formas de oso, bonecos, coches... e tamén faremos algunha sobremesa. Idades: de 6 a 14 anos Horario: de 12:00 a 14:00 horas