Ir al contenido principal

HOXE NO MENÚ UNHAS PEZAS DO PAZO DE TOR QUE ESTA DE 10ºANIVERSARIO

Son moitas as pezas que alberga o Pazo de Tor si vas a visitalo tanto terás unha atención personalizada dxs nosos compañeirxs tanto Tar como Silvia , Veronica o Juan te axudarán a que nos descubras mellor. Pero recomendámosche  como menú para  hoxe  unha atención especial atención as seguintes pezas mañá ou outro día seguiremos suxerindoche novos segredos para achegarte a nós:

1)      Salón de Armas:
a)      Liteira de mulos: Finais do século XVII, primeira metade do XVIII. Estrutura de madeira e coiro, policromada. Usabase para o transporte de persoas e ten duas prazas. A liteira era levada en andas por dous mulos, un diante e outro detrás.
b)      Moble de caza: Século VXIII. Moble de madeira policromada con porta plegable e duas baldas interiores, que servían para orear as pezas cobradas na cacería. Os motivos son dous personaxes vestidos con casaca e que pode representar unha escea de caza.
2)      Salón do Norte
a)      Retrato de Dna. Mª. Paz Taboada de Andrés: 1954, Pintura ao oleo sobre lenzo  de Enrique Navarro que representa a Dna. Mª Paz Taboada de Andrés, última dona do Pazo.
b)      Xarrón ornamental: Século XIX. Xarrón ornamentaArmario l que representa unha escea costumbrista arredor da catedral de Salamanca, pintado por Daniel de Zuloaga.
3)      Despacho:
a)      Colección de horas e breviarios "Horae diurnae breviarii romani ex decreto sacrosancti Concilii Tridentini restituti S. Pii V pontificis max. jussu editi Clementis VIII et Urbani VIII" (1759) e "Breviarium romanum ex decreto sacrosancti concilii Tridentini restitutum, Pii V pont. max..." (1752), encadernados en terciopelo e adornados con motivos xacobeos en plata e funda protectora en coiro repuxado e ouro.
4)      Capela: Século XVI-XVIII. Capela consagrada á Inmaculada Concepción e que era de uso privado dos señores do Pazo. Con entrada dende a planta principal á tribuna  para os señores e inferior para os caseiros, comunicadas ambas cunha escaleira pola que accedía o parroco á tribuna dende o altar. Conta cun retablo de finais do Século XVIII, con tallas da Inmaculada Concepción (S.XIX); San Juan (S.XIX);San Francisco de Asís (S.XX, Eduardo Sorio); San Antón (S.XIX). As paredes están decoradas con frescos do taller de Castinande executadas por José Casanova.
5)      Baño Principal:
a)      Bañeira en mármore: Século XIX. Realizada en marmore nunha soa peza.
6)      Salón de Xogos:
a)      Armario colchoeiro: Século XIX. Realizado en madeira de castaño e de grandes dimensións, con tres baldas con tiradores. Servia para gardar os xergóns de lá.
b)      Billar francés: Finaís do s. XIX, principios do XX. Importado dende Francia. Realizado en madeiras nobles e marmore. Con tres bolas orixinaís de marfil. Conta cunha cuarta bola negra de pedra para restar no xogo de carambola.
7)      Habitación da Señora:
a)      Zapatos de Paz Zúñiga Laporta: Principio do S XIX. Realizados en seda, coiro e madeira. Zapatos do número 32 pertencentes a Paz Zúñiga Laporta, avoa paterna de Dna. Maria Paz Taboada de Andrés. 
b)      Conxunto de cama: Dormitorio mallorquí de estilo Italiano de mediados do século XX en madeira de cerdeira.
8)      Habitación infantil:
a)      Colección de xoguetes: S.XX. Boneca de porcelana e trapo pertencente a Mª Paz Taboada de Andrés; diferentes xoguetes de latón mecanizados do primeiro tercio do século XX.
b)      Cama góndola: S.XIX. Cama estilo góndola de caoba.
9)      Sala de Música:
a)      Piano Organizado: Entre 1790 e 1798. Piano organizado que consta de un pianoforte e organo, da casa londinense Longman&Broderip. Existen menos dunha decena catalogados no mundo.
10)   Dormitorio Principal:
a)      Cuarto Italiano: S.XIX. Consta dunha cama napolitana do S.XVII en palosanto e bronce.
b)      Waterclose Inglés:  Último tercio do S.XIX. Realizado en porcelana e decorado con calcogramas con motivos florais. Da firma Inlgesa Trent.
11)   Sala Fontán:
a)      Carta Xeométrica de Galicia: 1845. Realizada pola imprenta boufard en París. 12 Litografías sobre pergamino que representan toda a xeografía galega e parte de Asturias, castela león e portugal. Un dos primeiros exemplos de triangulación xeodesica na realización de cartografías.
b)      Plano de campocastelo: S XVIII. Papel. Pertencente a un pleito, representa a zona da muralla de lugo de Campocastelo
12)   Comedor:
a)      Loza de Sargadelos: Terceiro período, estilo Inglés. 1845-1861. Loza da fabrica de sargadelos personalizada coas inicias de José María Varela, fabriquero da catedral de Santiago de compostela e tio de Pastora Rodriguez Varela, bisavoa de Dna. María Paz Taboada de Andrés.
b)       
13)   Pasillo:
a)      Papeleira de viaxe (bargueño): S.XVI, realizado en madeira de castaño policromada-


EXTERIORES
1)      Laberinto: Finais do S. XVIII. Xardín francés barroco realizado en chantos de pizarra. Composto de catro estanques e oito camiños. Utilidade decorativa e de ocio.
2)      Carruaxes: carruaxes de diferentes estilos de finais do século XIX.
3)      Selas de torneo: S. XVI feitas en madeira, coiro, seda, terciopelo e bronce. Unha masculina e duas de amazona. Servían para desfiles e eventos importantes.



Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h        Haberá agasallos para as persoas visitantes que se acheguen ao museo nesta data.         Botella ao mar De 18:00 a 20:00 h: Obradoiro literario a cargo de Paco Rivas . Todas as mensaxe

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación Creati