Ir al contenido principal

GRACIAS SOLEDAD VARELA ORTEGA POLA SÚA XENEROSIDADE COA REDE MUSEÍSTICA

Dúas pezas  do pintor lucense Xesús Rodríguez Corredoira  foron doadas a Rede Museística .
 A doazón, foi feita por Soledad Varela Ortega, neta do filósofo Ortega y Gasset, con motivo do décimo aniversario da creación da Rede Museística da Deputación de Lugo.
 Os dous cadros retratos de mulleres galegas son :Retrato de Consuelo Feijoó e Retrato de Andrea Varela, complementan as diferentes creacións da colección de Corredoira que posúe o Museo.

 Temos que destacar a xenerosidade de Soledad Varela Ortega e a importancia para ao museo de que alguén quere que retratos da súa familia formen parte da Redemuseística.


Jesús Rodríguez Corredoira
Nado en Lugo o 5 de abril de 1889, é un dos artistas máis importantes da nosa provincia. Aos catorce anos, Rodríguez Corredoira foi bolseiro pola Deputación de Lugo para estudar en Madrid. Ao longo da súa andaina artística, foi adquirindo influenzas dos seus mestres como foi o caso de Sorolla e Zuloaga, entre outros artistas cos que conviviu en Madrid. Aparece moi identificado coas ideas da Xeración do 98, ofrecéndonos unha visión da España negra, a través dos seus personaxes atemporais, deformados e espiritualizados.

A súa etapa mística coincide cos anos vividos en Lugo, na que pinta cadros de gran formato utilizando os fondos de base negros, con figuras cunhas carnacións dun branco espectral, influenciadas pola pintura de El Greco. A súa privilexiada posición social lle levará a converterse no pintor da burguesía e do clero, deixando patente a súa orixinal faceta de retratista. O pintor faleceu en 1939 en Portela de Roxos, Santiago de Compostela.




     

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h  ...

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación...