Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de abril, 2016

VISITAMOS A ESCOLA DE DOLORIÑAS NO MUSEO REINA SOFIA

Presentación da novela “Catalina de Santisso” de AURORA GARCÍA RIVAS no Museo de San Paio de Narla mañá as 8,30 vos esperamos

Presentación da novela “Catalina de Santisso” no Museo de San Paio de Narla O sábado 30 de abril, ás 20:30 horas na Fortaleza de San Paio de Narla (Friol) preséntase a novela de Aurora García Rivas “Catalina de Santisso” puiblicada pola editorial Septem Ediciones. Presenta Marián Suárez, licenciada en Filoloxía Francesa e experta en Literatura Española. Entrada libre. "Catalina de Santisso” é unha novela histórica que transcorre no s. XVI entre o priorato de Miranda (San Tirso de Abres) e a fortaleza de San Paio de Narla (Lugo). Recréase a vida de Catalina de Santisso, asasinada polo seu esposo Vasco das Seixas na fortaleza de San Paio. Deste feito xorde unha fermosa lenda a partir da cal a autora transpórtanos a un espazo temporal e físico real, en pleno século XVI, onde transcorre de vida de Catalina e a súa tráxica morte. Con esta novela, a autora ofrece ao lector a posibilidade de imaxinar a vida da nova Catalina de Santisso. Traxedia e dor envoltos en retazos da historia du...

EXPOSICIÓN: EXPANSIÓN NATURA, Mercedes Paz Pérez no Pazo de Tor (Redemuseística)

EXPOSICIÓN: EXPANSIÓN NATURA, Mercedes Paz Pérez A partir do día 1 de maio e ata o 31 deste mes poderase visitar no Museo Pazo de Tor esta exposición de pinturas e esculturas da artista chantadina Mercedes Paz Pérez. Mercedes Paz é persoa antes que artista. Isto que pode parecer un menosprezo, non é tal, porque nos permite ver unha obra chea de verdade, de pracer verdadeiro. É a arte pola vida ou a vida pola arte, a orde neste caso non importa. O seu traballo é o reflexo dun subconsciente creativo, é un exercicio de madurez e de honestidade. A arte en Mercedes constitúe a materialización dun universo interior propio, libre de banalidades. É outra máis das paradas nesa viaxe de busca, de superación persoal, da percepción dun mesmo e do mundo que nos rodea. Mercedes toma contacto coa arte na súa tenda de enmarcado, que ó pouco tempo se converte nunha galería de arte. Dá o salto definitivo no ano 2012. A crise económica e a difícil situación social provoca nela a necesidade de parar,...

A FONDO EN SERMOS DA REDEMUSEISTICA DE LUGO

ENCARNA LAGO RELATORA CONVIDADA, FORO ACE EN PONTEVEDRA

Encarna Lago, relatora convidada ó Foro ACE, ten ampla experiencia en contextos non formais porque é Xerente da Rede Museística Provincial de Lugo, responsable de Didáctica desde 1993 e da recente configuración do departamento de Accesibilidade e Capacidades Diferentes. Encarna rematará as xornadas do foro coa súa ponencia "Conexións e confluencias. Bases do intercambio educativo no museo". Asiste a súa ponencia inscribíndote de balde na nosa web http://goo.gl/Ol2x8I

Noticia de Lugo: Obradoiro para nenos "Ouro parece..." no Museo Provincial

Esto es el principio de mi entrada. Y esto el resto.

ENCARNA LAGO IMPARTIRÁ O OBRADOIRO OURO PARECE ...

O martes 19 de abril, entre as 18:30 e as 20:00 horas, terá lugar no Museo Provincial de Lugo un obradoiro para nenos e nenas de 3 a 14 anos, así como tamén para membros do Club Pequeamig@s da Rede Museística, que leva por título “OURO PARECE…”. Impartido por Encarna Lago, xerente da Rede Museística da Deputación de Lugo, este obradoiro forma parte das propostas complementarias das exposicións “Fisuras na vitrina. Abrindo a Sala do Tesouro” e “Nós + Outras”. Todas aquelas persos interesadas en participar nesta actividade, na que só se poderán admitir 15 participantes por rigorosa orde de inscrición, gratuíta como é habitual, deben apuntarse no departamento de Didáctica do Museo Provincial de Lugo.

HOXE xoves, día 7, ás 17:00 horas, Encarna Lago, xerente da Rede Museística Provincial, participará nunha mesa redonda na I XORNADA SOBRE EDUCACIÓN E FORMACIÓN EN ARTE

PONENCIA NO CENTRO GALEGO DE ARTE CONTEMPORÁNEA HOXE xoves, día 7, ás 17:00 horas, Encarna Lago, xerente da Rede Museística Provincial, participará nunha mesa redonda na I XORNADA SOBRE EDUCACIÓN E FORMACIÓN EN ARTE CONTEMPORÁNEO DESDE MUSEOS, CENTROS DE ARTE, FUNDACIONES E INSTITUCIÓNS que se vai celebrar no Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela. Esta mesa redonda, sobre Formación e educación en arte contemporánea desde os museos, centros de arte, fundacións e institucións. Estratexias de ensino na escola, moderada pola presidenta do IAC Isabel Durán, contará tamén coa participación de Eduardo López Valiña (conservador xefe da Fundación Granell), Marisa Sobrino (ex catedrática de Historia da arte da Universidade de Santiago de Compostela, crítica e comisaria de exposicións), Marta Viana (responsable de Comunicación e Actividades do MARCO de Vigo) e Jaime García Crespo (conselleiro delegado da consultora Educación y Sistemas e coleccionista de arte).

OBRA DE CASTELAO NA REDEMUSEISTICA

HOXE 1 DE ABRIL COMEZA O ANO CASTELAO NA REDE MUSEISTICA DE LUGO

O 1 de abril comeza o ‘Ano Castelao 2016’ http://redemuseisticalugo.org/galerias.asp?mat=88&g=Castelao.%20Obra%20no%20Museo%20Provincial%20de%20Lugo A Área de Cultura da Deputación de Lugo celebra o ‘Ano Castelao 2016’ programando teatro, conferencias e obradoiros que comezan en Lugo o venres 1 de abril (Día das Artes Galegas) e que despois, ao longo do ano, viaxarán polos museos da Rede, polo CENTRAD e por todos os concellos da provincia. O delegado da área de Cultura da Deputación de Lugo, Xosé Ferreiro, presentou a programación prevista xunto a Lucía López, responsábel técnica do programa, Encarna Lago, xerente da Rede Museística Provincial, Aurelia Balseiro, directora do Museo de Lugo, e Brian Rodríguez, representante da Asociación Cultural Juan Casaveteiro de Lugo. O ‘Ano Castelao 2016’ parte da proposta que a Academia Galega de Belas Artes fixo para homenaxear a figura e obra de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. O ‘ANO CASTELAO 2016’ NOS MUSEOS DA REDE MUSEÍSTICA O 1 de abri...