O martes 19 de abril, entre as 18:30 e as 20:00 horas, terá lugar no Museo Provincial de Lugo un obradoiro para nenos e nenas de 3 a 14 anos, así como tamén para membros do Club Pequeamig@s da Rede Museística, que leva por título “OURO PARECE…”. Impartido por Encarna Lago, xerente da Rede Museística da Deputación de Lugo, este obradoiro forma parte das propostas complementarias das exposicións “Fisuras na vitrina. Abrindo a Sala do Tesouro” e “Nós + Outras”.
Todas aquelas persos interesadas en participar nesta actividade, na que só se poderán admitir 15 participantes por rigorosa orde de inscrición, gratuíta como é habitual, deben apuntarse no departamento de Didáctica do Museo Provincial de Lugo.
Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo. Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra , por Cándido Pazó Visita guiada 16:00 h: Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ” Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h ...