Ir al contenido principal

HOXE 1 DE ABRIL COMEZA O ANO CASTELAO NA REDE MUSEISTICA DE LUGO

O 1 de abril comeza o ‘Ano Castelao 2016’ http://redemuseisticalugo.org/galerias.asp?mat=88&g=Castelao.%20Obra%20no%20Museo%20Provincial%20de%20Lugo A Área de Cultura da Deputación de Lugo celebra o ‘Ano Castelao 2016’ programando teatro, conferencias e obradoiros que comezan en Lugo o venres 1 de abril (Día das Artes Galegas) e que despois, ao longo do ano, viaxarán polos museos da Rede, polo CENTRAD e por todos os concellos da provincia. O delegado da área de Cultura da Deputación de Lugo, Xosé Ferreiro, presentou a programación prevista xunto a Lucía López, responsábel técnica do programa, Encarna Lago, xerente da Rede Museística Provincial, Aurelia Balseiro, directora do Museo de Lugo, e Brian Rodríguez, representante da Asociación Cultural Juan Casaveteiro de Lugo. O ‘Ano Castelao 2016’ parte da proposta que a Academia Galega de Belas Artes fixo para homenaxear a figura e obra de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. O ‘ANO CASTELAO 2016’ NOS MUSEOS DA REDE MUSEÍSTICA O 1 de abril, Día das Artes Galegas, conmemoramos que na mesma data de 1188 se colocaron os linteis do Pórtico da Gloria na catedral de Santiago de Compostela. A Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA), que vén celebrando esta efeméride desde 2015, decidiu dedicar este día a Alfonso Daniel Rodríguez Castealo (Rianxo, 1886- Bos Aires, 1950) para afondar e espallar ao longo do ano esta figura sobranceira, a súa teoría e obra por canto significa para a dignificación de Galicia e das súas formas de expresión. A Rede Museística será protagonista desta celebración pois moitas destas actividades desenvolveranse nos catro museos que a integran. PROGRAMA DE ACTIVIDADES (INMEDIATO) »1 de abril de 2016 / Museo Provincial de Lugo Aproveitando a mestría de Castelao como caricaturista e a súa relación co mundo cultural da primeira metade do século XX, propoñemos aos visitantes dúas mostras: •Caricaturas de Castelao de 1914 a 1924. Persoeiros da literatura galega Reproducimos a tamaño natural e en “cartón” as caricaturas que fixo dalgúns dos artistas dos que existe obra no MPLugo e colocalas durante este ano nas salas en onde teñen a obra exposta como é o caso de Xesús Corredoria, Carlos Sobrino e o propio Castelao. •A colección de debuxos de Castelao do MPLugo nos libros Na propia sala dedicada a Castelao no MPlugo pódese contemplar, ademais dunha autocaricatura, un par de vitrinas coas caricaturas que fixo de personaxes da literatura galega a carón de exemplares das obras destes personaxes existentes na biblioteca do MPLugo: Manuel Murguía, Wenceslao Fernández Florez, Sofía Casanova, a condesa de Pardo Bazán, Ramón Cabanillas, Valle-Inclán, Antón Villar Ponte, Vicente Risco, Antonio Rey Soto e López Aydillo. Estas mostras pódense visitar en horario de apertura do MPLugo, a partir do 1 de abril de 2016. »1 de abril de 2016 / 20:00 horas / Sala de Exposicións da Deputación Que comerá o Rei?, con Candido Pazó Unha sesión de historias e contos inspirados nos textos e debuxos de Castelao. Un espectáculo que, coa palabra como única ferramenta, procura o humor agudo e tenro, a expresión sinxela e sutil e o trazo delicado e potente do xenial artista. Nota: este espectáculo ten programadas varias función por diversos concellos da provincia (ver Programa xeral) +PROGRAMA COMPLETO ‘ANO CASTELAO 2016’ NA REDE MUSEÍSTICA +DOCUMENTACIÓN

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h  ...

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación...