REDE MUSEÍSTICA DA DEPUTACIÓN DE LUGO Como colofón de Estudio Aberto#4, e dentro do Programa CAFÉS-CRÍTICOS que organiza a Rede Museística da Deputación cos que pretende crear un foro de debate sobre distintos aspectos do mundo artístico e social, o vindeiro luns, día 31 de agosto de 2015, dende as 11:00 ata ás 14:00 horas, terá lugar na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos o primeiro destes CAFÉS-CRÍTICOS , dedicado nesta ocasión a: COMUNICACIÓN/ ARTE, HOXE Este primeiro CAFÉ-CRÍTICO, encontro de debate entre creadores, xestores, xornalistas, galeristas, comisarios, etc., contará coa presenza, ademais da do deputado de Cultura da Deputación de Lugo, Francisco Javier Balado Teijeiro, que as 12:30 horas clausurará a cuarta edición de Estudio Aberto, dos seguintes participantes: Participantes na Mesa: PACO NIETO ( MODERADOR da mesa ) ENCARNA LAGO (Coordinadora do Programa CAFE CRITICO da Rede Museística): PAULA CABALEIRO (Co-Comisaria de Estu...