Ir al contenido principal

VARIEDADE DE TAPAS DE CULTURA NA REDE MUSEÍSTICA

TAPAS DE CULTURA
Menú do día


TAPA DE CULTURA ROMANA
Introdución á cultura romana a través das pezas do museo para coñecer a orixe de Lugo e relacionar as pezas do museo con outros espazos culturais da cidade como a propia muralla, os mosaicos, as ventás arqueolóxicas…


TAPA DE COCIÑA
A tapa de cociña achéganos á cultura popular e amósanos aspectos sobre o xeito de vida tradicional, a etnografía e a historia do antigo mosteiro de San Francisco.


TAPA E ARQUITECTURA DO MUSEO
Dende a entrada do museo a tapa de arquitectura lévanos ata a os espazos que se conservan do antigo mosteiro de San Francisco que, xunto a un breve comentario sobre a igrexa amósanos a orixe do edificio que hoxe alberga o Museo Provincial.




Tapas de cultura



Despois dunha breve introdución á historia do museo e do edificio que alberga faranse breves percorridos “á carta” atendendo a algún dos seguintes aspectos:

Roma

Introdución á cultura romana a través das pezas do museo e relacionando outros espazos culturais de Lugo con eles: muralla, mosaicos, ventás arqueolóxicas…

Escultura

Unha ración de escultura que nos leva dende as pezas románicas ata o Nespereira pasando por Asorei.

Arte Moderno e Contemporaneo

Pinchos de arte moderna e contemporánea para coñecer os principais artistas galegos e lucenses do século pasado, facendo especial atención ás artistas Maruja Mallo e Xulia Minguillón.

COCIÑA

Tapa de cociña para achegarnos á cultura popular e saber algo máis sobre o xeito de vida tradicional, a etnografía e a historia do antigo mosteiro de San Francisco.

Ourivería

Presentación do tesouro da colección Álvaro Gil, declarada recentemente Ben de Interese Cultural polo seu incalculable valor, poráse en relación con outras pezas castrexas do museo.

Castrexa

Breve explicación dos puntos máis destacados da culturas preromanas en Galicia e a influencia a través dun percorrido polos obxectos que os habitantes do castro empregaban cada día.

Monasterio franciscano

Dende a cociña do mosteiro ata a o claustro cun breve comentario sobre a igrexa descubriremos a orixe do edificio que hoxe alberga o Museo Provincial.

Romanticismo e inicios do século XX

Asomarse á pintura de finais do século XIX e inicios do XX permite coñecer aspectos da historia e a sociedade galega da época ó tempo que se descubren notables artistas que traballaron en Galicia.

O Debuxo, Castelao

Da man das obras de Castelao, Nespereira e  Castro Gil podemos dar unha rápida ollada ao debuxo, o gravado e o deseño creado en Galicia o século pasado.


Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h  ...

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación...