O Apóstolo (2012), o primeiro filme de animación europeo stop-motion en 3D, guionizado e dirixido por Fernando Cortizo, producido por Artefacto Producciones , visita mañá, sábado, o Museo Fortaleza San Paio de Narla (Friol) PROXECCIÓN: sábado , 9 de marzo, ás 19:00 horas. Unha oportunidade de visionar totalmente gratis este excelente filme. Esta película estivo nominada aos Premios Goya 2013 con opción a Mellor Película de Animación. Sinopse Un preso que acaba de fugarse do cárcere intentará recuperar un botín agochado anos atrás nunha solitaria e apartada aldea do Camiño de Santiago; pero o que alí vai atopar suporalle unha condena aínda maior da que fuxiu. Sinistros anciáns, estrañas desaparicións, espíritos, un peculiar sacerdote e ata o mismísimo arcipreste de Santiago cruzaranse no seu camiño nunha historia de suspense, humor e fantasía. Director: Fernando Cortizo Productores: Artefacto producciones Gu...