DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE 2011 Rede Museística da Deputación de Lugo Museos sen límites, museos posibles A áreas de Cultura, Turismo e Benestar Social da Deputación de Lugo a través dos catro museos integrados na Rede Museística da Deputación de Lugo, e mais concretamente, do Departamento de Accesibilidade e Capacidades Diferentes, conmemoran o Día Internacional das Persoas con Discapacidade 2011 cunha serie de actos e actividades cos que se pretende concienciar e fomentar na sociedade a integración das persoas que por moi diversas razóns precisan dunha discriminación en positivo. Para que non haxa límites para ninguén, para que todo sexa posible para todos e todas. PROGRAMA Luns, 28 de novembro de 2011, ás 12:00 horas -Presentación do programa de actividades para conmemorar o Día Mundial da Discapacidade 2011 nos museos da Rede Museística da Deputación. -Presentación de “ Museos posibles ” ( h...