Din que o que canta o seu mal espanta, así que que afinade as vosas gorxas e imos encher de ledicia os nosos corazóns e sanar as nosas almas! Con SONS DO NORDÉS abrimos o noso buzón ás vosas propostas musicais que teñan o MAR como tema ou estean relacionadas con el dalgún xeito. Cantades? Tocades? Sodes parte dun grupo? Facedes cantos de taberna? Queredes botarnos unha copla? A bo seguro que tedes un bo repertorio! Enviádenos os vosos videos ou os enlaces das cancións que vos apetezan a comunidadermpl@gmail.com. Indicade no asunto do correo o título da actividade: “SONS DO NORDÉS”.
As fins de semana iremos compartindo as vosas suxestións nas nosas redes sociais.
Esta terra está chea de talento, que non vos dea vergoña! Como diría o noso amigo Xurxo Souto, MEDRE O MAR!
#AmarAMar #MariñasMarosasEMaruxainas #AAM_MMM #SonsDoNordés #RedeMuseísticaProvincial #Rumbo2030 #AMariñaCanta
#CantamosEnRede
Comentarios
Publicar un comentario