Ir al contenido principal

SAUDARTE EN REDE NA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO

“SAUDARTE EN REDE” Os museos somos sanadores, porque non hai mellor terapia que o cariño e diso temos a fartar. En tempos nos que se pechan portas, queremos facer a nosa casa máis grande para que collamos todxs e achegarnos a quen máis o precise. Non é o que facemos, é o que somos: somos comunidade e coidámonos. “Saudarte en Rede” é un programa artellado desde o corazón mesmo da Rede Museística Provincial en colaboración coa Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos. É a nosa aperta para os nenos e nenas hospitalizados nas plantas de Pediatría dos hospitais lucenses, para as súas familias e para xs profesionais sanitarios que xs atenden. O obxectivo deste proxecto é humanizar a estancia hospitalaria dos pacientes pediátricos a través da experiencia cultural nos museos da Rede Museística Provincial. Trátase de coñecer xogando, ó mesmo tempo que se restablecen. A través do Whatsapp ofreceremos unha programación de actividades, que poñen a atención nas necesidades e na atención individualizada de cada nenx e das súas familias. Están deseñadas nun formato sinxelo, lixeiro e flexible, para desenvolver en pouco tempo e espazadas ó longo da semana para facilitar o seu descanso. Sempre haberá alguén do outro lado do whatsapp para apoiar e resolver calquera cousa que poideran precisar. QUEREDES FORMAR PARTE DA NOSA REDE? QUEREDES XOGAR CON NOSOUTRXS? QUE TEDES QUE FACER PARA UNIRVOS A “SAUDARTE EN REDE”? Moi sinxelo! Soamente tedes que anotarvos chamando ó 699836883 ou enviádenos un correo a comunidadermpl@gmail.com indicando no asunto “SAUDARTE EN REDE”. “CATRO EN REDE” “Catro en Rede” é un xogo pensado para que os nenos poidan saír do seu “confinamento” hospitalario e viaxar polos catro museos da Rede Museística Provincial, a través de xogos e probas cargados de diversión. CONTIDO: Un trasno rabudo entrou na Rede e está intentando que nos esquezamos uns museos de outros para rachar a forza que nos une. Pero non o conseguirá, porque sabemos cal é o antídoto para salvar a nosa amistade. Vosoutrxs seredes o noso poder segredo! Coa vosa imaxinación e creatividade axudarédesnos a darlles vida ás historias e fantásticos tesouros que gardamos nos catro museos da Rede. DESENVOLVEMENTO: A través do Whatsapp, 2 días á semana propoñerémosvos unha serie de xogos e actividades que terán que ver cos contidos, coleccións e profesionais dos catro museos da Rede, ata completar o percorrido por todos eles (1 percorrido completo por toda a Rede levaríanos 2 semanas). Serán probas sinxelas que nos permitirán viaxar dun museo a outro para reforzar os lazos da Rede e mellorar a ledicia de visitar e coñecer os nosos/vosos museos. Por cada reto superado, mandaremos emoticonos cada vez máis felices ata completar a escala de satisfacción absoluta. SCAPE ROOM POLA REDE Podedes aprender xogando e paseando polos nosos museos a través das visitas inmersivas. Nelas están deseñadas sete scape room, nas que diferentes personaxes nos conducen por unha serie de probas e aventuras para completar o percorrido temático elexido. Tedes para escoller! 1. "Lugo romano" 2. "Como nos vestimos ao longo da historia" 3. "Vexo, vexo... e descubro o meu entorno" 4. "ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible)" 5. "Igualdade" 6. "Crea o teu museo" 7. "A Idade Media na Rede Museística Provincial de Lugo"

Comentarios

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h  ...

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación...