O programa de emprego para Persoas Mozas 'Vencellos da Memoria' en colaboración coa Rede Museística Provincial de Lugo acaba de poñer en marcha o proxecto “Vencellos da Memoria” co que o alumnado quere recuperar a historia dos concellos de Ribadeo e Barreiros a través da fotografía.
AXÚDASNOS?
Para iso faise un chamamento, primeiro aos habitantes do Concello de Ribadeo, para que colaboren permitindo dixitalizar as súas fotografías. Para todos e todas as que queiran axudar aportando as súas imaxes, poden contactar a través do correo electrónico ou das redes sociais. Contarémoslles o proxecto en profundidade e como teñen que facer.
Contacto: obroiroprodución@gmail.com
https://www.facebook.com/vencellosdamemoria
Instagram: Vencellos da Memoria
*O programa de emprego adáptase as restriccións sanitarias por mor da Covid e podería afectar ao sistema de recopilación de imaxes
+ info web redemuseisticalugo
Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo. Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra , por Cándido Pazó Visita guiada 16:00 h: Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ” Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h ...
Comentarios
Publicar un comentario