Ir al contenido principal

9,10,11 de maio en Lugo VI Congreso Xéneros Museos Arte e Educación Rede Museística de Lugo

Presentado o programa do ‘VI Congreso Xéneros, Museos, Arte e Educación da Rede Museística Provincial de Lugo’

A deputada delegada de Cultura da Deputación de Lugo, Pilar García Porto, xunto coa xerente da Rede Museística, Encarna Lago, e a directora do MPLugo, Aurelia Balseiro, presentaron o  VI Congreso Xéneros, Museos, Arte e Educación da Rede Museística Provincial de Lugo que tratará o tema ‘Redefinindo o Museo. Innovación, ferramentas de traballo e estratexias de xéneros'. Este congreso vaise desenvolver nos museos da Rede Museística Provincial, consonte ao programa que se adxunta, os días 9, 10 e 11 de maio de 2019. O prazo para realizar as inscricións para asistir abrirase o 1 de abril.
VI Congreso Xéneros, Museos, Arte e Educación da Rede Museística Provincial de Lugo: Redefinindo o Museo. Innovación, ferramentas de traballo e estratexias de xéneros
Lugo, 9, 10 e 11 de maio de 2019
Sede: Museos da Rede Museística da Deputación de Lugo.
PRESENTACIÓN
VI Congreso Xéneros, Museos, Arte e Educación, partindo do recollido polo MDPP (Comité Permanente sobre a Definición de Museo, perspectivas e posibilidades) do ICOM en decembro de 2018, centra a súa temática na “redefinición actual de museo”.
Este VI Congreso Xéneros, Museos, Arte e Educación, organizado pola Rede Museística Provincial de Lugo proponse como o foro idóneo no que iniciar o proceso de reinterpretación, revisión, reescritura e reformulación da definición actual de museo aportando innovación e implementando a perspectiva de xéneros. A finalidade do mesmo é propor ao MDPP unha ferramenta de traballo válida, transparente, igualitaria de recomendacións efectivas para facer da definición e dos museos reais espazos de igualdade, colaboración e compromiso coa sociedade.
A QUEN VAI DIRIXIDO?
VI Congreso Xéneros, Museos, Arte e Educación está dirixido a persoas que, xa desde o exercicio profesional, da investigación ou a formación, xa por interese e participación social se sintan atraídas polas ciencias e disciplinas que conflúen na temática do congreso: museoloxía, museografía, deseño, xestión cultural e patrimonial, historia, arqueoloxía, restauración de bens culturais... e a todos aqueles grupos de investigación, empresas e institucións que desenvolven o seu labor no ámbito da musealización e/ou posta en valor do Patrimonio Cultural.
FORMATO NOVIDOSO E PARTICIPATIVO!
Con fin de proporcionar un verdadeiro foro de debate activo, o VI Congreso Xéneros, Museos, Arte e Educación,  cambia de formato.
Dúas conferencias inaugurais e un obradoiro deixarán paso a dúas xornadas de mesas de traballo paralelas e simultáneas que rematará todas elas nas Sesións Plenarias ou posta en común integradas pola totalidade da asistencia. O propósito das mesas de traballo é promover o diálogo entre as participantes de xeito guiado, coherente e crítico de cara analizar os temas específicos encomendados a cada unha.
O principal obxectivo é obter conclusións que se concreten en directrices, recomendacións sobre a temática tratada en cada unha das mesmas.
Cada mesa contará con guías cuxo papel será o de organizar e moderar a discusión en torno ás liñas de traballo e de relatar, na Sesión Plenaria, a información derivada da análise realizada polo grupo.
UNHA PROPOSTA, DOUS CONTINENTES
A proposta do VI Congreso Xéneros, Museos,  Arte e Educación atravesa o Atlántico e continuará en América, procurando dispoñer dun Documento Final e Ferramenta de Traballo de cara á redefinición teórica e tamén práctica do “museo”.
PROGRAMA
O VI Congreso Xéneros, Museos, Arte e Educación inaugurarase o día 9 de maio pola mañá e clausurarase o 11 de maio as 14:00h.
»9 maio: Museo Provincial de Lugo
09:30-10:00h.-Entrega de credenciais e documentación.
10:00-10:30h.-Presentación V Congreso Xéneros, Museos, Arte e Educación
10:30-12:00h.-Conferencia: Como construímos los discursos históricos: una reflexión sobre la prehistoria y las mujeres, por Margarita Sánchez, profesora titular de Prehistoria e Arqueoloxía da Universidade de Granada. Proxecto PASTWOMEN.
12:00-12:30h.-Pausa-Café.
12:30-14:00h.-Conferencia-Obradoiro: Museos  sostibles, igualitarios e inclusivos: Cuestionarnos a subordinación das mulleres, das identidades masculinas non hexemónicas, grupos étnicos, LGTBI+, persoas con discapacidade. O que non se nomea non existe, por Encarna Lago xerente da RMP e docente na Universidade Complutense de Madrid no título propio de Especialista na aplicación da perspectiva de xénero nas Industrias Culturais e Leonardo Casado, museólogo da  Asociación de Traballadores de Museos e do Observatorio de Museos Universitarios da Universidade Nacional de La Plata Arxentina, Becario de Organización Italo-Latinoamericana en Roma en Proyecto de Investigación sobre museología social en Italia. Foi bolseiro da RMPL no proxecto gañador de Ibermuseos.
14:00h.- Xantar.
De 16.00h a 17:30h.- Mesas workshop.
17:30h.-Pausa café.
De 18:00 a 19:00h.-Plenario.
20:00h.-Sala Multiusos. Inauguración da exposición de Viki Rivadulla.
»10 de maio: Museo Pazo de Tor
10:00h.-Visita ao Museo Pazo de Tor.
De 11.00h a 12:00h.- Mesas.
De 12:00h a 13:00h.-Mesas .
De 13:00 a 13:30h.-Plenario.
14:00h.- Xantar.
De 15.30h a 16:30h.- Mesas.
De 16:30h a 17:300h.-Mesas.
De 17:30 a 18:30h.-Plenario.
»11 de maio: Museo Fortaleza San Paio de Narla
10:30h.-Visita ao Museo Fortaleza San Paio de Narla
De 11:00 a 13:00h.- Mesa de conclusións para dar continuidade ao traballo a través de  #ForosMAV  e na MDPP do ICOM. Integrada por  representantes de ICOM, MAV , Caixa de Pandora, Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural, Universidades. Centro de Estudos de Historia da Cidade xunto ás persoas guías-moderadoras das mesas de traballo dos días 9 e10 de maio.
13:00h.-Clausura: Presentación #operacionmuseosMAV
Xunto ás persoas asistentes ao congreso, participarán nas 6 mesas de traballo:
  • Persoal da Rede Museística Provincial de Lugo (Museo Provincial de Lugo, Museo Pazo de Tor, Museo Provincial do Mar e Museo Fortaleza de San Paio de Narla).
  • Eduardo Valiña. Conservador  Xefe Fundación Eugenio Granell,
  • Manuel Mosquera Cobián. Departamento de Difusión do Museo de Belas Artes da Coruña.
  • Representantes Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural.
  • Covadonga López de Prado Nistal. Directora Museo Masó de Bueu.
  • Rosa Lamas Casado. Bibliotecaria Museo de Ribadavia.
  • Persoal Museo do Pobo Galego.
  • Persoal Servizo de Museos Portugueses.
  • Isabel Victor. Directora Museu de Sporting de Lisboa.
  • Teresa Reyes. Vicepresidenta ICOM España
  • Aida Rechena.  MINOM Portugal
  • Aitziber Urtasun. Responsable do Departamento de Educación Estética do Museo Oteiza. Artista e educadora.
  • Rufino Ferreras. Jefe de Educación Museo Nacional Thyssen Bornemisza.
  • Ana Moreno. Coordinadora General de Educación del Museo del Prado.
  • Margarita Moreno. Conservadora Museo Arqueológico Nacional.
  • Mercedes Mingote. Jefa Sección Museos da Consejería de Educación y Cultura do Principado de Asturias.
  • Silvia Planas. Directora Museo D´Historia de Girona.
  • Rede de Museos de Historia e Monumentos de Cataluña.
  • Directora Museo de Cervera.
  • Presidenta de la Xarxa de Museos D´Art.
  • Marga Salas. Directora do Museo de Historia de Catalunha.
  • Teresa Soldevila. Responsable Área Responsabilidad Social Museo Maritim de Barcelona.
  • María Isabel Pérez Bernárdez. Directora Museo Arqueológico de Almería.
  • Amelia Aguado. Directora del Museo de Arte Africano Arellano Alonso de Valladolid.
  • Paula Cabaleiro.Directora MAC Florencio de la Fuente.
  • Araceli Corbo. Responsable da Biblioteca-Centro Documentación MUSAC.
  • Liliane Inés Cuesta Davignom. Conservadora Museo Nacional de Cerámica y Artes Suntuarias González Martí de Valencia.
  • Begoña Soler. Conservadora Museo de Prehistoria de Valencia.
  • Ana Goy. Centro de Estudio de Historia da Cidade
  • Carola Casal. Rede de Estudios Medievais da USC
  • Leonardo Casado. Red de Profesionales de Museos de Arxentina
  • Marcos Lorenzo.Coordinador Curso Expertx  Universitario en Xesiton Cultural (USC).
Mesas de traballo
Tema: Auto diagnose avaliándonos internamente no museo, fomentando participación e compromiso.
Obxectivos:
1.-Reflexionar, analizar e auto avaliar  dende o marco lexislativo o cumprimento da Lei de igualdade interdepartamental e interdisciplinariamente nos museos.
2.-Analizar o concepto de xéneros coa intención de cuestionar as ideas preconcibidas e erróneas que sobre o mesmos puideran existir. (Manifesto Grupo de Traballo Museos e Xénero da Rede de Museos de Historia y Monumentos de Cataluña).
3.-Aproximarse ás coleccións dos museos desde unha perspectiva de xéneros e novas narracións. Cuestionarnos a visión masculina universal e neutra  nos criterios museolóxicos e museográficos.
4.-Fomentar a reflexión e debate por parte do persoal dos distintos departamentos dos museos sobre o tema.
5.-Introducir a dobre dimensión temporal e cultural inherente sobre o concepto de diversidade de xéneros: actuacións.
6.-Temas transversais: Colaborar utilizando métodos dialóxicos estruturados no proceso de reinterpretación, revisión, reescritura e reformulación da definición actual de museo e realizar propostas ao Consello Consultivo de ICOM en xuño de 2019 que se presentarán  durante a XXV Conferencia Xeral de ICOM que se celebrará en Kioto en setembro de 2019.
7.-Reflexión e construción de ferramentas de auto diagnose no Museo; como aplicar a perspectiva de xéneros nos museos.
Sesións Plenarias
Dar cumprida conta do analizado interdisciplinariamente e interdepartamentalmente cruzando as funcións do museo e o binomio suxeito/obxecto  as actuacións que se levan a cabo dentro do museo e nas que se deben aplicar as perspectivas de xéneros:
-Adquisicións
-Conservación/restauración
-Documentación/investigación
-Exposición.
-Educación/mediación
INSCRICIÓNS
Inscrición gratuíta.
Nº prazas: 50
Prazo de inscricións: Ábrese o 1 de abril de 2019.
Imprima o formulario, asíneo e entrégueo na recepción do MPLugo ou remítao escaneado por mail a info@museolugo.org
Para dúbida diríxase a xerencia@museolugo.org ou ao tfno 982 24 21 12
Pecharanse as inscricións cando se completen as prazas ofertadas por rigorosa orde de chegada.
Entregarase certificación asistencia.
COORDINACIÓN: Encarna Lago González
ORGANIZACIÓN: Rede Museística da Deputación Provincial de Lugo
CONGRESO VIRTUAL

Ao remate da modalidade presencial este Congreso terá continuidade na modalidade virtual.

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h  ...

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación...