Presentado o programa do ‘VI Congreso Xéneros, Museos, Arte e Educación da Rede Museística Provincial de Lugo’   A deputada delegada de Cultura da Deputación de Lugo, Pilar García Porto, xunto coa xerente da Rede Museística, Encarna Lago, e a directora do MPLugo, Aurelia Balseiro, presentaron o  VI Congreso Xéneros, Museos, Arte e Educación da Rede Museística Provincial de Lugo que tratará o tema ‘Redefinindo o Museo. Innovación, ferramentas de traballo e estratexias de xéneros'. Este congreso vaise desenvolver nos museos da Rede Museística Provincial, consonte ao programa que se adxunta, os días 9, 10 e 11 de maio de 2019. O prazo para realizar as inscricións para asistir abrirase o 1 de abril.   VI Congreso Xéneros, Museos, Arte e Educación da Rede Museística Provincial de Lugo:  Redefinindo o Museo. Innovación, ferramentas de traballo e estratexias de xéneros   Lugo, 9, 10 e 11 de maio de 2019   Sede: Museos da Rede Museística da Deputación de Lugo.   PRESENTACIÓN   O...