Ir al contenido principal

CREA O TEU MUSEO. Fago o meu museo, facemos o noso museo, creamos unha rede

CREA O TEU MUSEO. Fago o meu museo, facemos o noso museo, creamos unha rede
Xustificación
Nos museos da Rede queremos expandir e compartir o concepto de museo coa axuda de todxs.
É por iso que lanzamos este proxecto destinado a que xs nenxs dos colexios lucenses creen con nós o seu propio museo vital, familiar e escolar.
Deste xeito empregaremos o potencial educativo que teñen os museos para facer que profesorxs, alumnxs e familias exploren o propio legado cultrual mais a propia identidade colectiva.
Qué imos facer?
- Axudar a que xs alumnxs lucenses creen museos persoais, familiares e escolares vivos e únicos.
- Guiar xs alumnxs na creación do seu propio museo vital, familiar e escolar a partir da microhistoria que encerran as súas vivencias na casa, na familia e na escola.
- Relacionar os museos subxectivos e familiares dxs alumnxs coa macrohistoria da súa comunidade para engarzala na rede patrimonial que representan os nosos museos.
- Dar valor á propia historia e cultura creando múltiples espazos nas escolas que, a xeito de museos, recollan, estudien e amosen relatos e obxectos que falen sobre o patrimonio e a identidade.
- Dialogar sobre xénero e interculturalidade a través dos microrelatos subxectivos que se enlazan na creación dun macrorelato colectivo.
- Abrir un diálogo cultural con outros países, especialmente con Italia, onde se farán proxectos paralelos .
Quen o vai facer?
Alumnos de educación primaria de centros escolares lucenses.
Para qué?
Para reconstruir unha identidade patrimonial persoal e colectiva a través do legado cultural persoal, familiar, escolar e local.
Dar valor ás distintas formas de patrimonio e participar activamente na súa conservación.
Reflexionar sobre o concepto de patrimonio a través de situación concretas e cotiás.
Favorecer a interdisciplinariedade para que xs alumnxs relacionen os coñecementos que van acumulando en varias materias e nas súas experiencias cotiás.
Apropiarse das nocións de museo, identidade e patrimonio mediante o diálogo e a experimentación.
Como o imos facer?
O traballo vaise centrar na idea de museo: o museo vital de cada nenx, o museo familiar, o museo escolar e, finalmente, a Rede Museística.
A Rede Museística titorizará os traballos ao redor das ideas de museo e identidade en obradoiros e visitas de frecuencia trimestral ao longo de dous anos.
Cada alumnx buscará obxectos ou elementos representativos do seu percorrido vital, familiar e escolar que lles evoquen alguna vivencia representativa.
Nas aulas xs profesorxs e xs educadorxs da rede axudarán a que os obxectos ou elementos de cada nenx “falen” para contar anacos da propia microhistoria.
A partires do traballo de pescuda dxs alumnxs e coas súas aportacións obteranse tres coleccións: a do museo vital, a do museo familiar e a do museo escolar.
Os resultados destas coleccións museables presentaránse nunha mostra que amose as microhistorias dxs rapacxs enfiadas na macrohistoria local.
Cada clase escollerá libremente cxs profesorxs o xeito de presentación dos resultados: un mural, textos e collages, páxina web, fotos de performances…etc.
Unha vez finalizado o traballo farase público e compartirase con outras escolas, incluíndo centros doutros países.
La imagen puede contener: una o varias personas y exterior

La imagen puede contener: 2 personas, incluido Encarna Lago Gonzalez, niño(a)

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h  ...

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación...