Encarna Lago participou como ponente en OCUPY GENDER cuarto foro de iniciativas feministas de Valladolid
A Rede Museística no ‘Occupy Gender: cuarto foro de iniciativas feministas’ de Valladolid
Dentro do Occupy Gender: cuarto foro de iniciativas feministas de Valladolid, actividade incluída no proxecto Museos+Sociales, que vai ter lugar mañá xoves, día 21, na Aula Triste do Pazo de Santa Cruz da cidade pucelana, foro que constitúe un lugar de encontró de todas aquelas mulleres que desexen facer ouvir as súas voces e escoitar as demais.
Nesta ocasión, e coincidindo co auxe das reivindicacións de xénero no ámbito da cultura, este foro vaise ocupar especialmente das manifestacións culturais que buscan educar ou divulgar e concienciar en torno ao machismo social e a violencia de xénero.
O proxecto convidado externo deste ano é a Rede Museística da Deputación de Lugo, pois segundo a organización deste evento, o seu “trabajo de educación y mediación es un ejemplar esfuerzo realizado desde la periferia.” Encarna Lago, xerente desta Rede Museística e persoa de recoñecido prestixio neste eido, será unha das ponentes. Estará acompañada por Nuria Galicia, Feminci, Naiara Valdano, La Asamblea para la Casa Feminista e La Caja de Pandora.
Ademais do encontro, como complemto do mesmo, poderá visitarse na galería superior da Sala de San Ambrosio, a exposición Musas de Cabo Verde, mostra de fotografías da autora alemana Juliette Brikmann.
Para máis información: http://eventos.uva.es/22164/detail.html