Ir al contenido principal

A xerente da Rede Museística Encarna Lago no Comité de Honra da VII Bienal de Arte Contemporáneo da Fundación ONCE

A xerente da Rede no Comité de Honra da VII Bienal de Arte Contemporáneo da Fundación ONCE

A xerente da Rede Museística, Encarna Lago, forma parte da Comité de Honra da VII Bienal de Arte Contemporáneo da Fundación ONCE, evento que coincide co 80 aniversario de creación da ONCE,  que se vai desenvolver no Centro Cibeles de Madrid do 5 de xuño ao 16 de setembro.
Bienal de Arte Contemporáneo é un ambicioso proxecto da Fundación ONCE cuxo obxectivo primordial é recoñecer e difundir a obra de artistas con algún tipo de discapacidade ou de aqueles que atopan na discapacidade  a súa inspiración. E a súa misión é conseguir os dous obxectivos claves da Fundación ONCE:
-ACCESIBILIDADE: cultura accesible para todos traballando desde distintos ámbitos de actuación: por unha banda o da accesibilidade universal e por outra o feito de poder gozar da cultura en igualdade de condicións.
-INCLUSIÓN: acceso dos artistas con discapacidade ao circuíto do mercado da Arte, conseguindo así a súa inclusión social e a inserción laboral.
Esta VII Bienal vaise vertebrar en entorno a unha exposición de artes plásticas, arredor da que se van a desenvolver unha serie de actividades paralelas nas que englobamos tanto ciclos de artes escénicas (cine, teatro, danza e música) como obradoiros de formación artística, en calquera das súas disciplinas. Un dos obxectivos principais desta edición é a de crear unha mostra de gran nivel artístico. Esta aposta pola calidade preténdese conseguir pola asistencia dun público máis especializado (galeristas, coleccionistas, representantes de museos e empresarios do sector) e tendo como sé o Centro Palacio de Cibeles, para as artes plásticas, La Casa Encendida para a danza, o Teatro Valle-Inclán para o teatro, danza e música: e a Academia de las Artes y las Ciencias Cinematográficas para o ciclo de cine.

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h  ...

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación...