Ir al contenido principal

CHEO TOTAL NO Concerto do grupo Evoéh: Árbore da vida. Alalás e cantos tradicionais galegos ao redor de Rosalía de Castro

Concerto do grupo Evoéh: Árbore da vida. Alalás e cantos tradicionais galegos ao redor de Rosalía de Castro


Dentro do programa EU... TI... ELAS... NOSOUTRAS, NOSOUTRXS EN REDE, da Rede Museística da Deputación de Lugo, hoxe sábado, día 3 de marzo, ás 12:30 horas, tivo lugar na Sala Multiusos do Museo Provincial de Lugo o recital que correrá a cargo do grupo Evoéh.

Evoéh
Evoéh  está integrado, entre outros, por Lucía Salgado Sabariz, Licenciada en oboe; Ariana Barrabés Romeo, Licenciada en canto e especialista en música sefardí de tradición oral e Jesús Olivares Heredia, Licenciado en guitarra clásica.
Evoéh é un proxecto de investigación, recompilación, creación e innovación da música e da poesía da nosa contorna. No ano 2012 publicaron Cadencias, un disco cheo de cantos populares e da poesía de Miguel Hernández. Tres anos despois, no 2015 publican  El poeta del viento, unha homenaxe musical ao gran poeta León Felipe. En 2016 Cantadme galanica, un traballo sobre a música sefardí de tradición oral, centrado na figura da muller, como principal transmisora.
Evoéh creouse en Barcelona. Con todo, varios dos seus membros e colaboradores son de Galiza ou teñen unha forte unión con ela. Por esa proximidade, afondan agora en Cantares Gallegos música popular recollida e catalogada a principio do século pasado. A mesma conexión que fixo Rosalía de Castro que fora convidada os xogos florais de Barcelona ou que o musicólogo e compositor catalán Felipe Pedrell traballara tanto sobre a tradición popular galega. E fíxoo, non como un científico, senón coa paixón e creatividade dun músico namorado da tradición. A xenial visión que tiña da música popular floreceu nos seus alumnos máis notables, como Enrique Selectos, Manuel de Falla ou Isaac Albéniz.
Árbore da vida. Alalás e cantos tradicionais galegos ao redor de Rosalía de Castro
Árbore da vida é un proxecto de investigación, recompilación, reelaboración e creación de música e poesía baseado na obra musical emprendida por Felipe Pedrell e en Cantares Gallegos de Rosalía de Castro. Os poemas deste libro están creados a partir de alalás e cantos tradicionais galegos que ela coñecía. Nesa mesma época, Ramón de Arana recompilou moitas desas cancións e comunicoullas ao seu amigo Felipe Pedrell, incluíndoas no seu cancioneiro.
Árbore da vida  é a mestura de todo iso. Titúlase así porque afonda nas súas raíces na tradición da vida cotiá, florece no presente e dá os seus froitos ao reimpulsar e reelaborar esa arte. Inclúe tamén versos de Curros Enríquez e Antón Noriega Varela.
Repertorio
Alborada
Ora, meu meniño, ora
Negra sombra
As pedriñas choran
Campanas de Bastabales
Dille que sospiro
Unha noite no muíño
Meu amor, meu amoriño
Airiños, airiños aires
Falai miña amor
As froliñas dos toxos
Unha noite na eira do trigo
A entrada a este acto é libre ata completar o aforo.
Actividade encadrada no proxecto ’EU... TI... ELAS... NOSOUTRAS, NOSOUTRXS EN REDE’ e na celebración do Día de Rosalía 2018.

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h  ...

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación...