Ir al contenido principal

A REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL DE LUGO convoca dous obradoiros no Museo Provincial do Mar para reflexionar sobre a desigualdade

O MPMar convoca dous obradoiros para reflexionar sobre a desigualdade
 O departamento de Didáctica do Museo Provincial do Mar convoca dous obradoiros, un dirixido a adultos e outro a nenos e nenas, que teñen en común propostas para traballar e reflexionar sobre a desigualdade de xénero. Agora que se achega o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, e que nos catros museos da Rede se poden visitar os 12 proxectos integrados en EU... TI... ELAS... NOSOUTRAS, NOSOUTRXS EN REDE’, convidamos a visitalos  e a participar nestas actividades.
Obradoiro: Cal non é oficio da muller do mar?
Coa celebración o 8 de marzo do Día Internacional da Muller preténdese dar visibilidade a desigualdade que no eido laboral existe entre homes e mulleres, á vez que reivindicar a igualdade de xénero e a equidade social.
A muller galega e a muller mariñeira tiveron sempre que levar o peso do traballo non remunerado pero imprescindible que supoñían as tarefas domésticas, o coidado de nenos e anciáns, da horta e o gando, a axuda nos labores do mar, xa fora facendo ou amañando redes, empatando anzois, cosendo velas, salgando peixe …
Valéndonos da impagable memoria dos membros do noso Club Sénior, buscaremos as palabras coas que a muller mariñeira mediaba no mar de traballos que desempeñaba, porémoslle nome a todos aqueles oficios que tiña que levar a cabo  e acabaremos confeccionando un ramo de palabras coas que transparentar a oculta faciana do duro traballo no mar.
Data: 2 marzo.
Horario: de 16:30 a 18:00h.
Inscrición previa: departamento de Didáctica do MPMar.
Actividade encadrada no proxecto EU... TI... ELAS... NOSOUTRAS, NOSOUTRXS EN REDE
Obradoiro: Traballando en igualdade
Concienciar xs máis novxs  de que todxs somos iguais e temos os mesmos dereitos en todos os eidos da vida, pode ser un eixe fundamental para conseguir transformar o mundo e lograr unha sociedade na que triunfen a igualdade de xénero e a equidade social.
Cxs menbrxs do noso Club Pequeamig@s teceremos unhas pulseiras lilas coas que reivindicar o fin da desigualdade laboral entre homes e mulleres.
Data: 3 marzo.
Horario: de 11:30 a 13:00h.    
Inscrición previa: departamento de Didáctica do MPMar.
Actividade encadrada no proxecto EU... TI... ELAS... NOSOUTRAS, NOSOUTRXS EN REDE
+ INFO

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h  ...

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación...