INAUGURADAS EN TOR TRES EXPOSICIÓNS DENTRO DO PROXECTO EU .. TI ... ELAS ... NOSOUTRAS .. NOSOUTRXS EN REDE NO MUSEO PAZO DE TOR
EU estou TI estás ELAS están NOSOUTRAS estamos NÓS+OUTRXS estamxs EN REDE para conquistar, na diversidade, a plena igualdade. Estamxs, somxs, facemxs, existimxs... As formas verbais non expresan xéneros.
Os museos da Rede Museística da Deputación de Lugo reclaman a vosa atención para con esta ducia de proxectos, dispares na forma, unívocos no fondo, solidarios coa desigualdade. Voces, xestos, memorias e imaxes que pretender provocar reflexións e chamadas de atención sobre o EU subordinado. Ollo! Un EU que podes ser TI, ELAS, NOSOUTRAS, NÓS+OUTRXS.
Inauguración de EU… TI… ELAS… NOSOUTRAS, NOSOUTRXS EN REDE no Museo Pazo de Tor
O xoves, 8 de febreiro, ás 19:30 horas, tivo lugar no Pazo Museo de Tor a inauguración de EU… TI… ELAS… NOSOUTRAS, NOSOUTRXS EN REDE, exposición que está formada por 12 proxectos, expostos na Sala da Deputación e nos 4 museos da Rede Museística da Deputación de Lugo. Neste acto participaron Pilar García Porto, deputada de Cultura, Patrimonio Histórico Artístico, Artesanía e Deseño e Educación, José Tomé Roca, alcalde do Concello de Monforte de Lemos e Encarna Lago, xerente da Rede e comisaria da exposición xunto con Antonio Reigosa.
Os museos da Rede Museística da Deputación de Lugo reclaman atención para con esta ducia de proxectos, dispares na forma, unívocos no fondo, solidarios coa desigualdade. Voces, xestos, memorias e imaxes que pretender provocar reflexións e chamadas de atención sobre o EU subordinado. Ollo! Un EU que podes ser TI, ELAS, NOSOUTRAS, NÓS+OUTRXS.
No Museo Pazo de Tor este museo poden verse os seguintes proxectos:
WILPF. Liga Internacional de Mulleres pola Paz e a Liberdade
WILPH: Cen anos de feminismo pacifista
Mostra gráfica composta por 46 carteis (90 X 60 cm.) que percorren os principais momentos e accións que a Liga Internacional de Mulleres pola Paz e a Liberdade realizaron en todo o mundo ao longo dos seus cen anos de historia. (+ info)
ARTE EN RESERVA (MULLERES NO ALMACÉN)
Obra de mulleres artistas, “en reserva” no almacén do MPLugo, mostra que se irá renovando ao longo deste ano con diferentes artistas.