Ir al contenido principal

UNHA NOVA XORNADA DE OBRADOIROS IMPARTIDOS POR ENCARNA LAGO ACOMPAÑADA DE VANESA VÁZQUEZ, ANA RODRIGUEZ, MANUELA TRIGO , RAQUEL GUERRERO, LUCIA DEQUIDT E JOSE MANUEL MENDOZA







Hoxe unha actividade encadrada en varios proxectos da Rede Museística: 1.- #PazÉnomedeMuller proxecto en prácticas titorizadas por Encarna Lago sobre
sociomuseoloxía  TFM  Master en Servicios Culturais da USC Facultade de Humanidades de Lugo de Vanesa Vázquez 

,2.- Exposición obras realizados por Clube Senior Ana Rodríguez,
 3.- Palabreiras #Ennegrocontraaviolencia "Palabras que firen , Palabras que sanan mulleres Fundación Secretariado Xitano.

PROTAGONISTAS  SELECCIONADAS PARA FASE 1 EXPOSICIÓN PICTÓRICA
“PAZ É NOME DE MULLER”
Guerrilla de Palabras
Oficio de Palabrerxs


  1. CONCEPCIÓN ARENAL (1820 - 1893) escritora e periodista española.
     Creadora do movemento feminista en España. Organizou en España a Cruz Roja de Socorro, foi a primeira visitadora de cárceres, vestida de home acudiu a clases  de dereito cando a Universidade estaba vetada ás mulleres,  creou un periódico  e escribiu diferentes xéneros literarios.
            Frases célebres:

  1.  BERTHA VON SUTTNER (1843 - 1914)   escritora austríaca.

     Aristócrata de familia arruinada  fala da guerra dende o punto de vista da muller e defende a paz no mundo.
A súa amizade con  Alfred Nobel, fixo que o químico sueco sensibilizárase cos movementos pacifistas e creara o reputado premio Nobel da Paz. En 1905 logrou o Premio Nobel de la Paz pola súa implicación no movemento pacifista internacional.
Frases célebres:
ü  «Despois do verbo 'amar', 'axudar' é o verbo máis fermoso do mundo».
ü  « ¡Abaixo as armas! ».

  1. OLIEVE SCHREINER. Pseudónimo: RALPH IRON (1855 – 1920) escritora y política  sudafricana.
     Defensora dos Dereitos Humanos. Formou parte de diferentes círculos sociais como foron o literario e o político. O que lle permitiu plasmar as súas ideas sobre o matrimonio, o sexo, o control da natalidade, a emancipación da muller e a relixión.
Frases célebres:
ü  «Ser muller é unha delicia, pero todos os homes dan gracias devotamente ó Señor por no ser unha delas».
ü  «Nosos pais tiñan soños, nos os nosos e a xeración que sigue terá os propios. Sen soños e fantasmas o home no pode existir».

  1. EMILY GREENE BALCH (1867 - 1961) Reformista social, escritora, sindicalista e académica estadounidense, que recibiu o Premio Nobel da Paz en 1946.
A súa loita pola liberdade e a xustiza a levou ó pacifismo. Axudou a fundar a Liga Internacional de Mulleres para a Paz e la Liberdade. Fixo campaña contra os conflictos armados, o que a levou a perder o seu posto de traballo como profesora universitaria.
    
Frases célebres:
ü  «Non so experimentamos acontecementos, en parte os causamos ou polo menos influímos no seu curso. Polo tanto non podemos solo estudialos, debemos actuar».
ü  «Nunca máis as mulleres poden permitirse crer que no son responsables porque non teñen poder. A opinión pública é poder, o sentimento forte e razoable é poder; a determinación irmá xemela de ter fe ou visión, é poder».


  1. FRIDA KAHLO (1907-1954) pintora mexicana.

     Icono do activismo político en México na súa loita contra a desigualdade, a inxustiza e a violencia de xénero. Un  grave accidente de tráfico deixouna prostrada na cama durante unha longa convalecencia.
   Na súa obra expresou a súa identidade feminina dende o seu propio punto de vista, renegando da visión que se tiña da muller. Viviu a súa sexualidade con liberdade.
Frases célebres:
ü  «Pes para que vos quero, si teño ás para voar».
ü  «Acostumaba a crer que era a persoa máis estraña do mundo pero logo pensei que entre tanta xente no  mundo debe de haber alguén que se sinta como eu, estrafalaria e defectuosa. Imaxínome que ela está aí fora pensando tamén en min. Ben, espero que si lees isto saibas que si, que é verdade, estou aquí e son tan estraña coma ti».
ü  «A beleza e a fealdade son un espellismo porque os demais terminan vendo noso interior».


  1. ROSA PARKS (1913-2005) costureira, secretaria, escritora e activista militante contra a segregación e o racismo. Estadounidense.

     Unha das figuras más importantes do  Movemento polos Dereitos Civís.  En 1955 alcanza a fama en Alabama, o desobedecer a lei da época que obrigaba ás persoas negras a ceder o seu asento ós brancos e a moverse a parte de atrás do autobús.
O caso Parks chegou a Corte Suprema e declarouse que a segregación era unha norma contraria a constitución e o goberno aboliu as leis discriminatorias de Jim Crow.
     Frases célebres:

  1. ELLEN JOHNSON SIRLEAF (1938) política liberiana.
     Exiliada e presa de conciencia en varias ocasións foi  a primeira muller en ser elixida  presidenta en África (ano 2005)  e segunda muller africana en recibir o Premio Nobel da Paz (premio compartido con outras dúas mulleres).
     Xunto a outras mulleres levou  a cabo un movemento non violento que logrou deter a guerra no seu país.
Frases célebres:
ü  «Se os teus soños non te asustan, no son o bastante grandes».
ü  «Un incremento no número de mulleres que ostenten cargos de alto rango e toma de decisións sería un mundo con menos guerras e conflitos armados».

  1. CARLA DEL PONTE (1945) xurista suíza, ex fiscal Xefe do Tribunal do Dereito Penal Internacional das Nacións Unidas, escritora e embaixadora de Suíza en Arxentina.

     Baixo o obxectivo de perseguir delitos Carla convenceu a seus padres para que lle permitisen estudar na Universidade.  
Coa lei na man loitou para que se penase o  branqueo de diñeiro, o fraude, o contrabando, o terrorismo, o espionaxe, os crimes de guerra, o xenocidio, e o tráfico de órganos, drogas e armas.
Aprisionou os responsables do xenocidio étnico (Slobodan Milosevic, Radovan  Karadzic y Ratko Mladic)  levado a cabo durante las guerras na ex Iugoslavia, Saraxevo, Kosovo e Srebrenica.
Frases célebres:
ü  «Teño unha gran fe na xustiza internacional, a impunidade xa non será unha opción para os poderosos».
ü  « Aínda hoxe,  son unha perseguidora de serpentes máis que unha estudosa do dereito».


  1. VANDANA SHIVA (1952) filósofa, física e escritora india.

     
     Pioneira do movemento ecofeminismo e directora de la Fundación para a Investigación, Ciencia, Tecnoloxía e Ecoloxía en Nova Delhi. Galardoada en 1993 co Premio Nobel Alternativo.
     Ela converxe ecoloxía e feminismo como ferramenta para garantir a supervivencia r a igualdade entre homes e mulleres.
     Creou o movemento chipko, mostrou as debilidades da Revolución Verde, e púxose a cabeza da primeira  gran manifestación en contra da Globalización.  
     Frases célebres:
ü  «A acción e a reflexión deben ir unidas».
ü   «A diversidade non é o problema, é a solución para as crisis políticas da intolerancia, as crisis ecolóxicas da non sostenibilidade e as económicas da exclusión e da inxustiza».


  1. RIGOBERTA MENCHÚ TUM (1959) política guatemalteca.

     Denunciou a presión e a violación dos dereitos humanos da poboación maia do seu país, por parte do goberno militar.
     Participou na redacción da Declaración dos Dereitos dos Pobos Indíxenas promovidos por Nacións Unidas. Fundadora da Iniciativa Indíxena pola Paz entidade que busca a protección dos dereitos dos Indíxenas en todas as partes del mundo.
     Outorgóuselle o Premio Nobel da Paz en 1992.



     Frases célebres:

  1. MULLERES DE NEGRO (1987) de Israel e Palestina.  Movemento Internacional de mulleres pacifistas.

     Un grupo de mulleres, liderado pola feminista, pacifista e activista lesbiana Hagar Rublev (1954-2000) protestan contra a ocupación e en contra da violación dos dereitos humanos.
     O movemento comeza coa reunión de mulleres  vestidas  de loito todos os venres no centro de Xerusalén e alzan a súa voz contra a guerra en Palestina.
     Dende 1987 as redes formadas por estas mulleres feministas e pacifistas fóronse estendendo ata ter presenza nos cinco continentes. En contra da guerra, con reivindicacións  propias que desenvolven iniciativas non violentas e apoian a resistencia civil contra a guerra.
        Frases célebres:
ü  «Por mulleres sen medo».
ü  «No estamos soas».
ü  «Aquí estamos, nosoutras no matamos».


  1. MALALA YOUSAFZAI. Pseudónimo GUL MAKAI  (1997) estudante e blogueira pakistaní

     Fíxose popular grazas a un blog que escribía baixo pseudónimo  para a BBC no que narraba a súa vida baixo o réxime Talibán. Esta organización terrorista prohibiu a educación das nenas entre 2003 e 2009, o que a  levou a participar no documental  «Perda de Clases, A morte da educación da muller».
Fixo fronte ós talibáns para promover o dereito a educación, o que lle provocou represalias. No 2012 un talibán disparoulle cando regresaba a casa do colexio, sobreviviu e continuou dende Reino Unido (por cuestións de seguridade) loitando polos  dereitos civís.
     No 2014  foi galardoada co Premio Nobel da Paz xunto con  hindú Kailash Satyarthi, activista polos dereitos dos nenos.
     Frases célebres:
ü  «Para facerme poderosa so necesito unha cousa: educación».
ü  «Un neno, un mestre, un libro e un lapis poden cambiar o mundo».

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h  ...

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación...