Ir al contenido principal

De medo! O Samaín 2017 nos museos da Rede Museística

De medo! O Samaín 2017 nos museos da Rede Museística
Os museos da Rede Museística da Deputación de Lugo súmanse, un ano máis,  á celebración do Samaín, unha festa de raiceira popular cuxa orixe se perde no mundo celta precristián. O Samaín é a fin do verán e o comezo do tempo escuro que dá paso a un novo renacer, a preparación para o reinicio, canda o solsticio de inverno, dun novo ciclo produtivo. Por iso é tamén o tempo da comunicación cos mortos representados polos calacús, as castañas dos magostos e as cerimonias relixiosas de Santos e Defuntos. Agora que xa perdeu a transcendencia simbólica doutros tempos, o Samaín  é unha festa na que grandes e cativos se divirten e recrean o que de estacional tiñan estas festividades nas sociedades agrarias e gandeiras que nos precederon. Disfrazámonos de pantasmas, confeccionamos cabazas con luces que representan os espíritos dos mortos e contamos historias que chaman polo medo.
 PROGRAMA
Os museos da Rede convidan a celebrar o Samaín con este programa:
»Museo Provincial de Lugo
Sábado, 28 de outubro, de 11:00 a 13:00 h.
Obradoiro: Samaín no Museo
Comentaremos as orixes e prácticas como a do baleirado das cabazas. Elaboraremos disfraces e lucirémolos.
Dirixido a mozos e mozas entre 8 e 12 anos. Máximo, 15 asistentes, con inscrición previa.
Museo Provincial de Lugo. Tfno..: 982 24 23 00 / 982 24 21 12 / didactica@museolugo.org / guias@museolugo.org
»Museo Fortaleza San Paio de Narla (Friol)
Sábado, 28 de outubro, de 16:00 a 24:00 h.
Obradoiros e entretementos para familias en colaboración coa Asociación Castronela.
16:00.- Comezamos o baleirado de cabazas e o obradoiro “Entre lusco e fusco”, mademais de xogos, pintado de caras.
18:15.-Percorrido arredor da Fortaleza.
19:15.-Paseo das ánimas polo Camiño Real desde o museo ata o centro de Friol.
As actividades continuarán no Paseo Fluvial e no centro de Friol-zona da Ponte ata as 24:00 horas.
Museo Fortaleza de San Paio de Narla,  Friol . Tfno..: 982 37 51 56 /sanpaiodenarla@museolugo.org
»Museo Provincial do Mar (San Cibrao, Cervo)
Sábado, 28 de outubro, ás 11:30 -13:30 h.
Obradoiro: Trasnadas de Samaín
Comentaremos as orixes celtas da actual festa, buscando as raíces de usos como o de baleirado das cabazas, disfraces de seres terroríficos ou pedir doces.
Dirixido a mozos e mozas do Club Pequemigxs (de 4 a 14 anos). Máximo, 15 asistentes, con inscrición previa.
Museo Provincial do Mar, San Cibrao, Cervo. Tfno.: 982 59 45 72 / museodomar@museolugo.org
»Museo Pazo de Tor (Monforte)
Sábado, 28 de outubro, de 11:00 a 13:00 h.
Obradoiros e entretementos para familias que consistirán na confección de velas e disfraces, e na práctica de xogos divertidos coas pantasmas do Samaín.
Museo Pazo de Tor, Monforte de Lemos. Tfno.: 982 165 534 / pazodetor@museolugo.org
As inscricións para as actividades que o precisan realizaranse no Museo onde se realizan.

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h  ...

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación...