- Máis de 1.100 axentes do mundo da arte e da cultura estámonos organizando por un contexto artístico libre de violencias machistas e abusos de poder. Como grupo xurdimos trala decisión de Carmen Tomé de facer público un abuso sexual e a razón do debate xerado que nos permitiu coñecer multitude de casos similares. En setembro daremos a coñecer a través dun comunicado público, o traballo da nosa plataforma de apoio e coidados. Por agora estamos asimilando os testemuños e construíndo novos recursos pedagóxicos, xurídicos, emocionais e preventivos.
#eucreote #noncales #sororidadedefensiva
Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo. Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra , por Cándido Pazó Visita guiada 16:00 h: Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ” Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h ...