Ir al contenido principal

INCLUSIÓN DO PROGRAMA INSTITUCIONAL INCLUSIVO DA REDE MUESÍSTICA PROVINICIAL DE LUGO AO BANCO DE BOAS PRÁCTICAS PARA A XESTIÓN CULTURAL

Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC)estamos a traballar na creación dun banco de boas prácticas para a xestión cultural, coa finalidade de poñer a disposición de xestoras e xestores culturais, cargos públicos con responsabilidades en políticas culturais e artistas entre outros perfís todo un escaparate de proxectos e exemplos inspiradores para poder traballar máis e mellor no ámbito cultural.
Polo que nos poñemos en contacto para informar que o Programa Institucional Inclusivo da Rede Museística Provincial de Lugo foi un dos 100 proxectos culturais seleccionados en base a criterios de innovación (emprego de estratexias novas e creativas de solución a problemas comúns), efectividade nos seus resultados (nivel de éxito, ben nos resultados, ben nos procedementos para a solución dos problemas aos que vai dirixida)  exemplaridade inspiradora (o seu efecto multiplicador e que poida servir como ferramenta de capacitación) e transferibilidade (que sexa aplicable a outros contextos)
Este banco de boas prácticas é un portal dixital que busca ser un escaparate de proxectos destacados e permitirá a difusión e visibilidade internacional de iniciativas culturais do panorama galego, así como a formación, mellora da empregabilidade e recoñecemento social do sector profesional da nosa cultura.
 
Para poder facer esta recompilación de 100 proxectos culturais, inspiradores nalgún aspecto clave dentro da xestión cultural, pedimos que nos remitan a ficha que adxuntamos cuberta, antes do 15 de xuño, ao enderezo boaspracticas@xestoresculturais.gal. Non se precisa unha descrición exhaustiva, pero si suficiente para que as persoas usuarias do banco poidan interpretar de xeito áxil se é unha experiencia de utilidade para a súa necesidade/realidade e, se é así, que poida ampliar información polas canles web e de contacto facilitadas.
Agradecemos por adiantado a vosa colaboración e ante calquera dúbida que poida xurdir estamos a súa disposición.
 

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h  ...

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación...