Ir al contenido principal

REDE MUSEÍSTICA DE LUGO : UN EQUIPO DE PERSOAS ENTREGADAS , UNHOS MUSEOS, UNHA COMUNIDADE , UNHA PROVINCIA

Décimo aniversario da Rede Museística: 10 anos en-re-da-dx




s
Dez anos en-re-da-dos. A Rede Museística da Deputación de Lugo creouse en setembro de 2006 para optimizar a xestión dos catro museos que a integran: Museo Provincial de Lugo, Museo Fortaleza San Paio de Narla (Friol), Museo Provincial do Mar (San Cibrao, Cervo) e Museo Pazo de Tor (Monforte de Lemos). E celebrámolo así: (Ver vídeo)
                                                   
10 anos da creación da Rede Museística Provincial
Precedentes
No ano 1932, a Deputación de Lugo crea o Museo Provincial de Lugo (inaugurado en 1934) institución que, co paso do tempo, se converte nun dos museos máis importantes de España entre os provinciais.
En 1969, a Deputación de Lugo acorda a creación do Museo do Mar de San Cibrao, o máis antigo no seu xénero de Galicia.
Posteriormente, no 1984 nace o Museo Etnográfico de San Paio de Narla (Friol) nunha fortaleza rehabilitada do século XVI.
Por último, no ano 2006, abre as súas portas o Museo do Pazo de Tor (Monforte de Lemos), grazas a unha doazón de Dª María Paz Taboada.
Creación da Rede Museística
A necesidade de coordinación e de optimización de recursos, tanto técnicos como humanos, de todos estes museos dependentes da Deputación de Lugo, levou ao persoal destes museos a propoñer a necesidade dunha Rede Museística, una institución pioneira na nosa provincia que foi constituída oficialmente no mes de xuño do ano 2006.
Esta Rede de Museos permitiu establecer patróns comúns de funcionamento, establecer relacións directas entre os museos e fomentar a colaboración e cooperación en iniciativas comúns, así como compartir preocupacións e procurar solucións a problemas de xestión.
Dende a súa creación, esta Rede, na súa vocación de servizo público, foi unha institución comprometida coa sociedade, actuando como dinamizador cultural en cada unha das comarcas da nosa provincia, ata converterse nun referente cultural de primeira orde, recoñecida tanto en Galicia como fóra da nosa comunidade.
Proxectos e actividades
Ademais dos traballos propios dos museos (conservar, investigar, difundir, catalogar, etc.) esta Rede, modelo de xestión económica, levou a cabo unha serie de proxectos integradores como a creación dos clubs de amigos, dirixidos a todo tipo de públicos (Club Ei!, Club Sénior e Club Pequeami@s). Tamén desenvolveu múltiples acción a favor da igualdade de xéneros, con accións como, por exemplo, os congresos de Xénero, Museos e Arte ou os de Arte de ser muller nun mundo por compartir.
Especialmente novidosas foron as actuacións con persoas con capacidades diferentes, entre as que destacan iniciativas como Fotografía a cegas, encamiñadas a fomentar a participación e integración destes colectivos nos museos.
O apoio e potenciación de novos valores creativos foi unha das constantes da Rede, como proban as cinco edicións de Estudio Aberto, residencias para artistas nas que o público pode contemplar todo o proceso creativo.
O mesmo sucede con Culturas en Diálogo, un proxecto que pon de manifesto o traballo intercultural da Rede, iniciativas entre as que tamén destacan Follas Novas, Novas Follas
Cómpre destacar tamén unha intensa actividade didáctica da Rede, cunha ampla oferta de obradoiros de todo tipo para todas as idades, obradoiros que sobresaen, ademais da súa calidade e orixinalidade, pola súa gratuidade. Estes obradoiros compleméntanse con frecuentes excursións e visitas guiadas que permiten coñecer o noso patrimonio musealizado.
As exposicións conxuntas nos catro museos que integran a Rede permiten ampliar a oferta cultural nas diferentes comarcas da provincia de Lugo, facéndoas accesibles a un maior número de cidadáns.
Recoñecementos
Por todo o anteriormente exposto, a Rede Museística da Deputación de Lugo foi recoñecida con diversos galardóns, entre os que cómpre destacar o xa citado da Fundación Rosalía de Castro e o Premio da ONCE por favorecer a accesibilidade.
Ademais, polo seu inxente e constante traballo, a Rede Museística acadou diversos recoñecementos, tanto en Galicia como fóra da nosa comunidade, sendo actualmente un referente entre os museos tanto do Estado como europeos que convidan regularmente a participar en congresos e foros de debate.
10 anos en-re-dan-do
Cúmprense pois os primeiros 10 anos da posta en marcha dunha idea que economiza recursos, que é máis eficiente na xestión e máis dinámica na execución dos proxectos.
Unha Rede que sen deixar de respectar a idiosincrasia e personalidade de cada un dos museos integrados, contribúe a facelos visibles non só na contorna, senón que tamén en todos os escenarios, alén do provincial e nacional, onde a Rede como modelo de xestión ten oportunidade de divulgalo.

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h  ...

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación...