Ir al contenido principal

OBRADOIRO DE SENSIBILIZACIÓN E FORMACIÓN ARQUEOLOXÍA SUBACUÁTICA

O alicerce dos catro museos da Rede MuseísticaProvincial, dependente da Deputación Provincial de Lugo, é a súa comunidade que participa de forma activa e permanente na preservacióninvestigación e comunicacióndo seu propio patrimonio, favorecendo o coñecementocolectivo, fortalecendo a identidade e os valores da contorna onde se atopa.

 

A Rede Museística Provincial de Lugo recoñece como responsabilidade prioritaria a preservación do patrimoniointegral e isto só é posible implicando aos membros da comunidade en accións de preservación conxuntaacompañándoos nun proceso de apropiación e capatización que lles posibilite exercer un uso responsabledos recursos patrimoniais para lograr un desenvolvementolocal e sostible.

 

Con esta orientación, e aproveitando o recente depósito noMuseo Provincial do Mar dunha áncora atopada na praiado Torno de San Cibrao, así como a inminente entrada envigor da Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia; iniciamos un programa de actividades divulgativas e pedagóxicas para dar a coñecer, entre outras cousas, como actuar ante un achado patrimonial, a quen pertencen os obxectos arqueolóxicos atopados baixo a auga, e cal é a lexislación relativa ao patrimonio arqueolóxicosubacúatico.

 

A primeira actividadedirixida a cativos, terá lugar no Museo Provincial do Mar este venresdía 5 de agosto, de 10:30 a 12 horas, e será impartida por Encarna Lago, Xerente da Rede Museística Provincial; Blanca Besteiro, Conservadora e Restauradora da Rede MuseísticaProvincial; e Enrique Alcorta, arqueólogo da Rede Museística Provincial.

 

No fondo do mar, ríos e lagos, así como nas súas costas, atópanse obxectos e outros vestixios materiais da vida dos que habitaron esas rexións, tanto no pasado recente como remoto.

 

Estevestixios son un legado da nosa historia e constitúenrecursos fráxiles e insubstituíblesForman parte de aquiloque nos fai ser quen somos e conforman un valioso patrimonio cultural que debemos protexer en beneficio das xeracións presentes e futuras.

 

arqueoloxía é a ciencia que estuda, a partir destes restos materiais, a vida cotiá e outros aspectos da cultura dos grupos humanos que nos precederon. Todo pobo tendereito a este coñecemento sobre o pasado, o cal contribúea fortalecer a súa identidade cultural.

 

Por estas razónsasí como polo seu particular atractivoalgúns sitios arqueolóxicos subacúaticos poden ser aproveitados con fins recreativos, educativos e turísticos en beneficio de toda la comunidade.

 

¿Por que son importantes estes bens?

 

➢ Constitúen testemuñas tanxibles da historia dos nosos predecesores que viviron en ámbitos marítimos, fluviais e lacustres.
➢ Forman parte do patrimonio arqueolóxico do noso país e axudan a valorar unha dimensiónpouco coñecida da nosa identidade cultural.
➢ Xunto cos restos arqueolóxicos que hai en terra, son a única fonte de coñecemento dos miles de anos de ocupación humana do noso territorio.
➢ Mediante o uso racional e sostible poden aportar beneficios sociais, como os derivados de programas educativos e actividades recretivas, e económicos por medio do turismo.
➢ Os naufraxios acostuman a converterse enarrecifes artificiais que albergan una grandiversidade de organismos mariños.

 

¿A quen pertencen os obxectos arqueolóxicos atopados baixo a auga?

 

Normalmente pénsase que estes obxectos están abandonados e, por tanto, pertencen á persoa que os atopa. Non obstante, por unha herdanza do noso pasadopertencen a todos os habitantes do noso territorio. Todos temos o dereito de gozar deste patrimonio.

 

importancia do contexto

 

arqueoloxía non se basea soamente no estudo de obxectosNunha investigación todo tipo de evidencia é importante: estruturas, pezas enteiras ou fragmentadas; vestixios microscópicos, as características do sedimento… todo conta á hora de «armar o quebracabezas».

 

Ademais, para poder levar a cabo unha axeitadainterpretación do pasado é fundamental coñecer e estudar o contexto do achado, é dicir, a relación espacial entre os diferentes tipos de evidencias e a súa contorna.

 

Oobxectos de cerámica, metal, madeira, vidro e outros materiais que permanecen moito tempo somerxidoschegan a adquirir un equilibrio co medio acuático. Ao extraelos e entrar en contacto co aire, ese equilibriorompe, polo que poden deteriorarse ou destruírserapidamente.

 

Por iso, para conservar os restos arqueolóxicossubacuáticos é preciso sometelos a tratamentosespecíficos, que polo xeral son complexos e custosos.

 

¿Que facer ante un achado¿Como podo involucrarme?

 

Se ao mergullarseao camiñar pola costa ou calquera outra actividade realizada nun ambiente acuático, é importante que:

 

➢ Rexistrar a situación do xeito máis preciso posibleÉ recomendable tomar referencias respecto a puntos ou lugares coñecidos da costa, ou usar un GPS.
➢ Non retirar nin mover ningún obxecto xa que alteraría o contexto arqueolóxicoRespectar a flora e a fauna asociadas aos restos.
➢ Se é posible, tomar fotos ou vídeos; rexistrar as súas características e dimensións aproximadas.
➢ Informar do achado ás autoridades, aportando os datos e fotografías que se tomaran.
➢ Manter a reserva sobre o achado para evitar que poida ser danado por outras persoas.

 

 

 

 

Lexilación relativa ao patrimonio arqueolóxico subacuático 

 

proteción legal do patrimonio arqueolóxico susténtasenunha lei nacional e nas respectivas leis autonómicas, asícomo en tratados internacionais. No caso galego hai que ter en conta:

 

>Lei 13/1985, de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.

 

>Lei 5/2016, de 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia que entra en vigor o 16 deste mes de agosto.

 

Segundo esta lei «pertencen ao patrimonio arqueolóxicosubacuático todos os rastros de existencia humana que sexanbens integrantes do patrimonio cultural de galicia, tal como os define o artigo 1, que se afundisen no seu mar territorial e augas interiores, parcial ou totalmente, susceptibles de ser estudados e coñecidos a través de métodos arqueolóxicosfosen extraídos ou non do medio no que se encontran».

 

Ademais, «a actuación sobre o patrimonio cultural subacuático basearase nos principios seguintes: a) aconservación in situ do patrimonio cultural subacuáticodeberá considerarse a opción prioritaria antes de autorizar ou emprender actividades sobre ese patrimonio, b) o patrimoniocultural subacuático recuperado depositarasegardarase e xestionarase de tal forma que se asegure a súa preservación a longo prazo, c) calquera actuación velará por que se respectendebidamente os restos humanos situados nas augas marítimas, d) propiciarase o acceso responsable e non prexudicial do público ao patrimonio cultural subacuático in situcon fins de observación ou documentación, para favorecer a sensibilización do público cara a ese patrimonioasí como o seu recoñecemento e protección».

 

>Convención da UNESCO sobre a Protección do Patrimonio Cultural Subacuático.

 

Nesta lei indícase como patrimonio cultural subacuático«todos os rastros de existencia humana que teñan un carácter cultural, histórico ou arqueolóxico, que estiveran baixo a auga, parcial ou totalmente, de forma periódica ou continua, polo menos durante 100 anos».

 

Dende a Rede Museística Provincial alentamos e participamos, tamén coas actividades divulgativas e pedagóxicas que se poñen agora en marcha, a que se siga a traballar para favorecer a conservación e coñecementodo patrimonio arqueolóxico subacuático da nosaprovincia.

 

 

 

 

 

 

 

Comentarios

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h  ...

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación...