Dentro do programa de Roteiros de Verán da Rede Museística da Deputación de Lugo, os vindeiros días 12 e 13 de agosto, venres e sábado, haberá un servizo gratuíto de autocares para os seguintes destinos:
Día 12: Museo Pazo de Tor
Saída de Lugo ás 16:00 horas / saída de Tor ás 20:00 horas.
Programa de actos
- 18:00 horas. Presentación do libro de Otero Regal A Maruxaina e outras sereas.
- 18:30 horas. Inauguración de Estudio Aberto 5.
- 19:00 horas. Visita guiada ao Museo Pazo de Tor.
Día 13: Museo Provincial do Mar (San Cibrao-Cervo)
Saída de Lugo ás 9:00 horas / saída de San Cibrao ás 19:00 horas.
Programa de actos
- 11:00 horas: Visita guiada ao Museo Provincial do Mar
- 12:00 horas. Presentación do libro de Otero Regal A Maruxaina e outras sereas.
- 13:00 horas. Xantar comunitario (cada asistente deberá levar a súa propia comida) e participación na festa da Maruxaina.
Todas aquelas persoas interesadas en asistir a estes actos, deberán apuntarse no seguinte enderezo de correo electrónico (xerencia-redemuseos@deputacionlugo.com) denantes do día 10 de agosto.
Lémbrase que o número de prazas é limitado, polo que a inscrición será por rigorosa orde de reserva.
Lugo, 9 de agosto de 2016
Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo. Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra , por Cándido Pazó Visita guiada 16:00 h: Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ” Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h ...