Dentro do programa de Actividades de Verán da Rede Museística da Deputación de Lugo, mañá sábado, día 16, van ter lugar, nos museos e horarios que se indican, os seguintes obradoiros:
Museo Pazo de Tor
OBRADOIRO: Obradoiro Cousas de nenos (Obradoiro de gravado en releve)
Un achegamento á obra de Castelao a través das técnicas de gravado en relevo. Partindo de debuxos e a diferente obra gráfica de Castelao que conta coa presenza de nenos, realizaremos un gravado en relevo (linogravado) sobre a obra elexida para, de seguido, realizar a estampación na prensa da mesma. Ao rematar, entregaranse aos asistentes os bosquexos realizados estampados na prensa.
Idades: a partir de 7 anos, inlcuídos adultos
Horario: de 12:00 a 13:30 horas
Museo Provincial de Lugo
OBRADOIRO: As vangardas e non só
Un percorrido pola primeira metade do século XX a través da literatura insurxente das vangardas, principalmente en Europa, mais que tamén tiveron a súa repercusión en Galiza con autores como Amado Carballo, Cunqueiro, Manuel Antonio.
Idades: de 4 a 16 anos
Horario: de 11:00 a 13:00 horas
Datas: 16 de xullo.
Participantes: 15
Lugo, 15 de xullo de 2016
Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo. Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra , por Cándido Pazó Visita guiada 16:00 h: Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ” Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h ...