Na xuntanza celebrada o pasado día 26 de febreiro, o Consello Executivo do ICOM (Consello Internacional de Museos) acordouse por unanimidade valorar moi positivamente o III Congreso Género, Museos, Arte e Educación que, organizado pola Rede Museística Provincial, se está a desenvolver desde o día 3 de marzo. Grazas a esta valoración, este congreso, que conta co aval desta institución internacional, está tendo unha ampla difusión mundial, tanto a través das redes sociais (https://www.facebook.com/pages/ICOM-International-Council-of-Museums/321429231334378) como da páxina web (http://icom.museum/L/1/), pasando pola Axenda de eventos vinculados con museos (http://www.icom-ce.org/calendarioicom.php?ide=353) así como da propia páxina de ICOM en España (www.icom-ce.org).
Este aval de ICOM e a valoración positiva que fai deste III Congreso Género, Museos, Arte e Educación, está a dar á Rede Museística unha proxección internacional, ao tempo que pon de manifesto o firme compromiso desta Rede por estes temas.
Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo. Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra , por Cándido Pazó Visita guiada 16:00 h: Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ” Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h ...